venres, 4 de marzo de 2022

COMEZAMOS MARZO CON METEOMOECHE!!!

Pois non arrinca nada mal o mes de marzo para o noso observatorio, pois recibimos instantáneas desde varios puntos de Galicia. Contámosvos o que recibimos en "meteomoeche@gmail.com"!!!


En primeiro lugar comezaremos por esta tremenda foto da Illa de San Sadurniño, en Cambados. Tráena a mestra Alba (teacher) e tal e como ela di "Ten unha luz espectacular"


Agora, tamén coa teacher, nos desprazamos a Vilaxoán de Arousa, onde se pode disfrutar deste fermoso solpor. Que preciosas vistas ten a nosa amiga aló polo sur.


Héctor, 3º de primaria, ofrécenos dúas fotos onde podemos ver como o ceo torna dunha cor rosada. Iso prodúcese nalgúns amencer e solpores. É un fenómeno resultado da dispersión da luz na atmosfera, no momento en que o ángulo do sol co horizonte é menor que un 10%. Ás veces toma tamén cores anaranxadas ou encarnadas, como xa presentamos nesta sección anteriormente: o candilazo!



E que nos dicides de como se ve a néboa baixa sobre o mar en Cedeira? Mil grazas á profe Lucía por achegarnos esta foto!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.