xoves, 30 de maio de 2024

RADIO 23: VIAXE A AUSTRALIA

 Queredes saber que fixeron e que visitaron Teo, Julia, Adri, Sergio e Estela en Australia?


Non vos perdades este novo podcast en Radio 23!!


mércores, 29 de maio de 2024

XORNADA MULTIDEPORTE ALTERNATIVO

Na xornada de onte, martes, tivemos no centro unha xornada de convivencia co CEIP Ledicia, CEIP Juan de Lángara e CPI A Xunqueira. Dentro do programa XOGADE realizamos esta actividade adicada a coñecer e practicar un pouco máis aqueles xogos alternativos que non son tan practicados na nosa comunidade: o Colpbol, Datchball e Pinfuvote foron os seleccionados para a ocasión.

Pasámolo moi ben, fixemos novos amigos/as e vivimos unha experiencia moi enriquecedora tanto a nivel deportivo como de boa convivencia e benestar emocional.

Parabéns a todolos/as participantes polo seu comportamento e aos profes que axudaron a deseñar a actividade e levala a cabo. Un auténtico pracer!







domingo, 26 de maio de 2024

A mellor sopa do mundo

Queridas familias: Neste video poderedes observar algunhas cousiñas que ocorreron nas últimas dúas semanas. A semana pasada non subín ningún, porque debido ao festivo, e á festa dos maios, tiña pouco que mostrar. Comezamos co resultado do experimento do ovo saltarín, no que anteriormente fixemos unha pequena hipótese do que podía ocorrer, e finalizamos coa representación do mesmo, a través dunha ficha moi significativa. Coma sempre, algunha mostra das nosas asembleas de primeira hora da mañá. Tamén dalgúns xogos, coma a búsqueda dos números perdidos, ou a adiviña do número que nos pegaron na fronte, coa axuda das familias dos números, coas que vimos traballando xa hai algún tempo. Por outra banda, xa comezamos a representar o noso proxecto dos animais do bosque, no mural do corredor. E, aínda que non o podedes visualizar de momento, comezamos a preparar a representación dun conto en galego. Saúdos e apertas a moreas.

venres, 24 de maio de 2024

SAÍDA ORTIGUEIRA

No día de hoxe, a totalidade do alumnado do cole fixo unha saída complementaria á praia de Morouzos, en Ortigueira.

O obxectivo da mesma era doble: concienciación sobre o coidado do noso ecosistema cunha limpeza da praia e o coñecemento máis profundo e práctico sobre animais mariños que comezamos nas aulas.

Para iso realizamos dúas quendas nas cales, en gran grupo cos nosos amigos e amigas do CEIP A Barqueira e CEIP O Marbán, limpamos a praia de todos aqueles residuos que puideran ser prexudiciais. Por outra banda, en grupo máis pequeno tamén aprendemos, da man da Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMMA) un pouco máis sobre este tipo de maíferos, así como as técnicas de salvamento que utilizan cando é necesario. Completamos a visita realizando prácticas de salvamento e información sobre que facer cando vemos un mamífero varado na praia.

Queremos dar grazas a tanto a Diego como á coordinadora antes mencionada polo seu trato e tamén ao Concello de Ortigueira que nos agasallou cuns regalos.









xoves, 23 de maio de 2024

TORNEO DE FÚTBOL






Durante este terceiro trimestre estivemos a facer un torneo de fútbol nos recreos. Actividade que englobamos no noso proxecto de vida saudable, fomentando a práctica deportiva nos tempos de lecer, aprendendo a competir e desfrutando cos amigos/as.

Foron moitas as solicitudes de participación polo que tivemos que realizar dúas ligas: a mini (de infantil a 2º) e a liga maxi (de 3º a 6º).

Cinco equipos disputaron a categoría dos máis pequenos/as:

MESSI PESI

STICH CLUB BARCELONA

DEMONIOS DE FÚTBOL

FC BARCELONA

BMW STICH

Despois dunha desputada liga, enfrontáronse na gran final os dous primeiros clubes anteriomente mencionados. Nun encontro moi nivelado, o Stich Club Barcelona (Mario, Isabella, Noel e Uxue) alzábase coa victoria tras un axustado 4-3.


Outros cinco equipos participaron la liga Maxi

PERDIDOS FC

OS COXOS

MODESTIN@S

BALONES FC

PATOS ENVENENADOS

Tras unha liga tamén moi nivelada eran Perdidos FC e Os Coxos (Lola, Adri, Sergio e Álvaro) quenes irían ao municipal de Moeche para xogar a gran final. Coa grada a rebosar, Os Coxos impoñíanse cun 4-0 a Perdidos, sendo así os campións deste ano.


PARABÉNS A TODOS/AS POR ESTE GRAN TORNEO, NO CAL DESTACOU O XOGO LIMPO E A DEPORTIVIDADE.

GRAZAS TAMÉN AO PÚBLICO E, SOBRE TODO, A AQUELAS NENAS E NENOS QUE COLABORARON NAS LABORES DE ARBITRAXE DO TORNEO.

martes, 21 de maio de 2024

ROCHAS XEOPARQUE CABO ORTEGAL

Hoxe contamos coa visita do xeólogo Francisco Canosa que nos mostrou as rochas máis frecuentes do Xeoparque Cabo Ortegal, así como as súas características principais, usos, clasificación e en que zonas concretas podemos atopar cada unha delas.

Descubrimos, entre outras moitas, que unha rocha característica do noso municipio é o XISTO, e que un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia está en Moeche: chámase TOELO ou SERPENTINITA (de cor verdosa). As escaleiras da casa do Concello están feitas con esta rocha!

Outra que nos gustou moito e que abunda na zona do xeoparque, foi a ECLOXITA. Esta orixinouse a máis de 100 km de profundidade e nela pódense formar diamantes!

Sen dúbida, un taller interesantísimo! Grazas! 











FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 


No curso 2024/2025 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

O alumnado matriculado nos cursos de 5º e 6º de E.Primaria incluídos no Proxecto de Educación dixital (EDIXGAL) están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto. No obstante poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar.

O prazo para a presentación das solicitudes dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES:

Listaxes provisionais de admitidos :27 de xuño como data tope.

Reclamacións ás listaxes provisionais :28 de xuño e 1 de xullo. Poderá variar en función da publicación das listaxes provisionais.

Listaxes definitivos: Educación primaria : 3 de xullo  como data tope

Os libros das listaxes definitivas serán entregados os primeiros días do curso

ENTREGA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Comunicarase posteriormente pero non será máis tarde do 8 de xullo.

Anexos

luns, 20 de maio de 2024

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 21/5

 Debido á ausencia de persoal de cociña, o menú do martes 21 de maio verase modificado:

-1º PRATO: Ensaladilla rusa

-2º PRATO: Boliños preñados

-SOBREMESA: Plátano

Desculpade as molestias.

DÍA DAS ABELLAS

Hoxe, 20 de maio, celébrase o Día Mundial das Abellas. E que mellor maneira de celebralo que traer ao cole á nosa amiga Vanesa López Basanta, de Abellariza, que é toda unha experta na materia. Xa leva anos colaborando co centro nesta data e tennos ensinado moito sobre este animal. Hoxe centrámonos en diferenciar entre abella, abellón, avespa común e velutina.

Ademais, aproveitamos a ocasión para que viñese a Radio 23 (ela foi unha das alumnas creadoras do proxecto) e respondese a unhas preguntas.

Coma sempre, mil grazas Vanesa por achegarnos un pouco máis a este mundo!!!








Deixamos o podcast:


venres, 17 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024



Onte celebramos a tradicional festa das Letras Galegas. Este ano, a autora homenaxeada foi Luísa Villalta e nela centramos as actividades dos días previos nas aulas.

Ademais, como xa é tradición, a véspera da data convidamos ás familias a unha xornada de convivencia onde compartimos momentos únicos e que xeran comunidade. 

Pola mañá ben cediño comezábamos coa visita do artista Luís Vallecillo, quen nos ofreceu un divertido concerto co cal desfrutamos cantando. Tras isto era quenda de que empezaran as actividades en familia: catro rotacións divididas en xogos populares, decoración dunha alfombra e creación dun maio vertical. Quedaron unhas verdadeiras obras de arte.

Para rematar a festa tivemos outra actividade moi importante: a carreira solidaria "La vuelta al cole", mediante a cal buscamos recadar fondos a favor da investigación da leucemia infantil. Tivo gran acollida e nenos/as e maiores participamos para unha boa causa. En días posteriores realizaremos a publicación correspondente á nosa aportación.

En resumo, un gran día de convivencia de toda a comunidade educativa, por moitas máis!!!

Deixamos un pequeno vídeo e un enlace onde podedes ver unha chea de fotos da xornada.




xoves, 16 de maio de 2024

Visita de Eva Mejuto

 O pasado xoves tivemos a gran sorte de contar coa visita de Eva Mejuto. No noso cole xa coñeciamos moi ben o seu traballo xa que todos os nenos e nenas estábamos a ler contos dela e, por suposto, encántannos!

Tanto é así que os alumnos e alumnas de 1º e 2º xa facía tempo que andaban a cociñar un contacontos dun libro seu, "dez gatiñas viaxeiras". E vaia sorpresa cando soubemos que viña ó cole e que podíamos facer a súa actuación diante dela.

A pesar dos nervios e a presión de ter a autora diante, saíulles xenial. Se non o credes, podedes velo aquí mesmo:




Tras a actuación, Eva contounos anécdotas sobre os seus contos, sobre cómo se lle ocurrían as historias, como escollía os nomes das personaxes, unha morea de cousas... e de forma moi divertida e participativa e... ata nos firmou os libros!








GRACIAS EVA POR UNHA XORNADA TAN ESPECIAL.




Música viaxeira

Estreamos este apartado coas fotos de Anxo disfrutando da música viaxeira na casa.

Ten madeira de artista!

Recordade: Non deixedes para mañá o que poidades escoitar hoxe



martes, 14 de maio de 2024

POLOS CREATIVOS


Durante este curso foron moitas actividades realizadas no centro en relación aos Polos Creativos da Consellería de Educación. Nesta presentación destacamos algunhas delas:

https://www.canva.com/design/DAGFC-5vUxY/dsJoOXc_uaPSPmwyIDQl1g/edit

luns, 13 de maio de 2024

CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR



Dentro do programa do Plan Director para mellorar a convivencia e seguridade nas aulas, tivemos a Sara na aula de 5º e 6º. Unha Garda Civil que xa é amiga do noso cole por vir todos os anos a concienciarnos en diversas temáticas que favorecen unha mellor convivencia.

Coma sempre, Sara foi moi cercana á rapazada e resolveu todas as dúbidas que se plantexaron, ademais de ilustrar ao alumnado dun xeito excepcional.

Ademais, sorprendeunos dándonos a nova de que a finais deste curso traerán unha exhibición de diferentes sectores do seu traballo que poderá disfrutar todo o alumnado do cole.

GRAZAS!


CHISTES FINALISTAS 4ª CATEGORÍA

 Estos son os chistes finalistas da 4ª categoría

CHISTES DE PAULA:

Ian Pepe e Xan no bus. Pepe pisou a Xan e dixo: - Perdoa home, hoxe por un e mañá por outro!

Xan pisa a Pepe de dille: Toma, que eu mañá non veño!


CHISTE DE ERIN:

Aparece a cociñeira do CEIP San Ramón correndo porque que se queimou coa tixola. Como se chama a película? "VAI-ANA"

CHISTE CANDELA:

Nun torneo de fútbol de elefantes contra formigas, os elefantes van gañando. As formigas meten ao cempés e remontan. Un entrenador dille ao outro: - Por que non metíchedes antes ao cempés? Este contesta: 

-Porque aínda non acabara de poñer as zapatillas.

CHISTE OIHANE:

Como se di Moeche en castelán? "Te muele"

AGORA A VOTAR NA ENQUISA O ÚLTIM@ GAÑADOR/A

venres, 10 de maio de 2024

Semana da ciencia

Queridas familias: Esta semana, finalizamos cun par de experimentos, que comprobaremos a semana que ven, despois dun tempo de espera, e que logo representaremos nunha ficha, a través do debuxo, da lóxicamatematica e da lectoescritura, sendo unha metodoloxía moi completa e significativa para eles. Desfrutade do video. Saúdos e boa fin de semana.

Animais dos bosques de Galicia

Queridas familias: Esta semana, aínda que non se vexa no video, traballamos contidos relacionados coa loxica matemática e a lectoescritura, falamos e representamos una emoción nova, coidamos os vermes de seda, fixemos asembleas, traballamos contidos temporais coma días da semana, do mes, o tempo que vai fora, e fixemos debuxos para que os demais adiviñen de que se trata, para logo escribilo, coa axuda da profe. E como nova iniciativa, o encargado escolle un compaleir@ para que lle diga una palabra bonita, que logo traducimos ao galego, escribimos e colocamos nun mural, elaborado por eles para este fin. E por suposto, lemos os chistes que enviades, sempre. Tamén estivemos presentando os nosos traballos do proxecto de animais do bosque, e comezamos con aspectos relacionados coa protagonista das Letras Galegas deste ano. PD. Non hay fotos de todo, pero poderedes velo, cando se envíen os traballos para casa ao finalizar o trimestre. No sempre me da tempo de sacar fotografía ou video, eso non quere dicir que non o fixeran, solo son algúns dos momentos da xornada. Desfrutade, e boa fin de semana.

xoves, 9 de maio de 2024

XORNADA INTERXERACIONAL



No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º, achegámonos ata a Casa do Maior e a Casa Niño a cumprir unha promesa que fixéramos. Na nosa última visita quedamos en que lle íamos tocar a canción de "A saia da Carolina" á nosa amiga Casilda, ademais de pasar unha xornada enteira tanto cos peques como coas menos peques que habitan en Casabranca.

Chegamos ben cediño para xogar un pouco cos pequenos/as da Casa Niño. Xa podemos dicir que Sandra, Lucas, Aitana, Hugo e Mariña son os nosos amigos/as, pois xa foi ledicia desde un inicio e xogos continuos. Iso si, en canto chegaron as compis da sala do lado tocaba unha sesión de Educación Física.

As nenas e nenos de Moeche foron os encargados/as de xestionar a clase, comezando por unha serie de estiramentos, un pouco de mobilidade xeral e unhas partidas ao "Zapatiño queito é". Que ben o pasamos varias xeracións xuntas avanzando para intentar tocar a parede de primeir@s!!!

Como o prometido é débeda, tocamos "A saia da Carolina", recibindo unha boa nota por parte das nosas maiores. De premio, tamén tocamos un himno galego, que estamos a ensaiar no cole.

Unha pausa para coller forzas coa merenda e, por último, xogos de mesa e tempo compartido, que é o máis importante. Os visitantes do CEIP SAN RAMÓN deron acabado coa imbatibilidade no bingo de Isa, pero non puideron facer nada contra Lucha no tute, unha profesional! Tamén xogamos ao "palabrea", contamos historias e pasámolo xenial!!!

Unha experiencia única da cal xa saen novos proxecto e ideas! Queremos agradecer enormemente a Vanesa, María José e Laura a súa hospitalidade e bo facer, pois estivemos coma na casa!!!