xoves, 9 de maio de 2024

XORNADA INTERXERACIONAL



No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º, achegámonos ata a Casa do Maior e a Casa Niño a cumprir unha promesa que fixéramos. Na nosa última visita quedamos en que lle íamos tocar a canción de "A saia da Carolina" á nosa amiga Casilda, ademais de pasar unha xornada enteira tanto cos peques como coas menos peques que habitan en Casabranca.

Chegamos ben cediño para xogar un pouco cos pequenos/as da Casa Niño. Xa podemos dicir que Sandra, Lucas, Aitana, Hugo e Mariña son os nosos amigos/as, pois xa foi ledicia desde un inicio e xogos continuos. Iso si, en canto chegaron as compis da sala do lado tocaba unha sesión de Educación Física.

As nenas e nenos de Moeche foron os encargados/as de xestionar a clase, comezando por unha serie de estiramentos, un pouco de mobilidade xeral e unhas partidas ao "Zapatiño queito é". Que ben o pasamos varias xeracións xuntas avanzando para intentar tocar a parede de primeir@s!!!

Como o prometido é débeda, tocamos "A saia da Carolina", recibindo unha boa nota por parte das nosas maiores. De premio, tamén tocamos un himno galego, que estamos a ensaiar no cole.

Unha pausa para coller forzas coa merenda e, por último, xogos de mesa e tempo compartido, que é o máis importante. Os visitantes do CEIP SAN RAMÓN deron acabado coa imbatibilidade no bingo de Isa, pero non puideron facer nada contra Lucha no tute, unha profesional! Tamén xogamos ao "palabrea", contamos historias e pasámolo xenial!!!

Unha experiencia única da cal xa saen novos proxecto e ideas! Queremos agradecer enormemente a Vanesa, María José e Laura a súa hospitalidade e bo facer, pois estivemos coma na casa!!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.