No día de hoxe, a totalidade do alumnado do cole fixo unha saída complementaria á praia de Morouzos, en Ortigueira.
O obxectivo da mesma era doble: concienciación sobre o coidado do noso ecosistema cunha limpeza da praia e o coñecemento máis profundo e práctico sobre animais mariños que comezamos nas aulas.
Para iso realizamos dúas quendas nas cales, en gran grupo cos nosos amigos e amigas do CEIP A Barqueira e CEIP O Marbán, limpamos a praia de todos aqueles residuos que puideran ser prexudiciais. Por outra banda, en grupo máis pequeno tamén aprendemos, da man da Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMMA) un pouco máis sobre este tipo de maíferos, así como as técnicas de salvamento que utilizan cando é necesario. Completamos a visita realizando prácticas de salvamento e información sobre que facer cando vemos un mamífero varado na praia.
Queremos dar grazas a tanto a Diego como á coordinadora antes mencionada polo seu trato e tamén ao Concello de Ortigueira que nos agasallou cuns regalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.