venres, 17 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024



Onte celebramos a tradicional festa das Letras Galegas. Este ano, a autora homenaxeada foi Luísa Villalta e nela centramos as actividades dos días previos nas aulas.

Ademais, como xa é tradición, a véspera da data convidamos ás familias a unha xornada de convivencia onde compartimos momentos únicos e que xeran comunidade. 

Pola mañá ben cediño comezábamos coa visita do artista Luís Vallecillo, quen nos ofreceu un divertido concerto co cal desfrutamos cantando. Tras isto era quenda de que empezaran as actividades en familia: catro rotacións divididas en xogos populares, decoración dunha alfombra e creación dun maio vertical. Quedaron unhas verdadeiras obras de arte.

Para rematar a festa tivemos outra actividade moi importante: a carreira solidaria "La vuelta al cole", mediante a cal buscamos recadar fondos a favor da investigación da leucemia infantil. Tivo gran acollida e nenos/as e maiores participamos para unha boa causa. En días posteriores realizaremos a publicación correspondente á nosa aportación.

En resumo, un gran día de convivencia de toda a comunidade educativa, por moitas máis!!!

Deixamos un pequeno vídeo e un enlace onde podedes ver unha chea de fotos da xornada.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.