http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
domingo, 26 de maio de 2024
A mellor sopa do mundo
Queridas familias:
Neste video poderedes observar algunhas cousiñas que ocorreron nas últimas dúas semanas.
A semana pasada non subín ningún, porque debido ao festivo, e á festa dos maios, tiña pouco que mostrar.
Comezamos co resultado do experimento do ovo saltarín, no que anteriormente fixemos unha pequena hipótese do que podía ocorrer, e finalizamos coa representación do mesmo, a través dunha ficha moi significativa.
Coma sempre, algunha mostra das nosas asembleas de primeira hora da mañá. Tamén dalgúns xogos, coma a búsqueda dos números perdidos, ou a adiviña do número que nos pegaron na fronte, coa axuda das familias dos números, coas que vimos traballando xa hai algún tempo.
Por outra banda, xa comezamos a representar o noso proxecto dos animais do bosque, no mural do corredor.
E, aínda que non o podedes visualizar de momento, comezamos a preparar a representación dun conto en galego.
Saúdos e apertas a moreas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.