Hoxe contamos coa visita do xeólogo Francisco Canosa que nos mostrou as rochas máis frecuentes do Xeoparque Cabo Ortegal, así como as súas características principais, usos, clasificación e en que zonas concretas podemos atopar cada unha delas.
Descubrimos, entre outras moitas, que unha rocha característica do noso municipio é o XISTO, e que un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia está en Moeche: chámase TOELO ou SERPENTINITA (de cor verdosa). As escaleiras da casa do Concello están feitas con esta rocha!
Outra que nos gustou moito e que abunda na zona do xeoparque, foi a ECLOXITA. Esta orixinouse a máis de 100 km de profundidade e nela pódense formar diamantes!
Sen dúbida, un taller interesantísimo! Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.