venres, 26 de marzo de 2021

TIME LAPSE EN SAN RAMÓN

Esta semana queremos achegarvos un time lapse que feito por Asier (6º de EI) co seu papá. Elaborado o día 20 de marzo, coincidindo co inicio da primavera astronómica, quixeron facer unha serie de fotografías (que se verán logo no vídeo como unha película) que retrataran un anoitecer en Moeche, concretamente en San Ramón.

Son 325 fotografías tomadas entre as 19:14 e as 19:34 horas en intervalos de 3 segundos. Da mesma maneira nos ofrecen un detallado análise das características meteorolóxicas do momento:

"Ceo pouco anubrado, cun vento forte de Nordés, seco e frío.

O ceo refrexa o alaranxado ao anoitecer, e ao lonxe vese o manto de nubes que cubre a serra da Capelada que frea a humidade do vento do norte ou nordés (efecto Föhn).
No caso da serra da Capelada, co tempo de Nordés ao ser ventos fríos e secos, non chegan a facer precipitación en situacións anticiclónicas, simplemente crea un manto de nubes en altura."




Deixamos tamén o vídeo do Time Lapse creado por eles:




Pero iso non é todo, senón que ademais, as nenas e nenos de infantil tiveron a gran sorte de que Fran se conectase con eles a través dunha videochamada para ensinarlles máis cousas sobre meteoroloxía, como por exemplo as fotos que saca o noso amigo Asier da lúa.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN CHICOS!!!




venres, 19 de marzo de 2021

8-M : MULLERES DEPORTISTAS



As nenas e nenos de quinto e sexto quixeron levar a cabo un traballo sobre aquelas mulleres que abren e abriron camiño no mundo de deporte ao longo da historia. Elaboraron un mural na escola e unha presentación dixital para que poidades vela todos/as:


mércores, 17 de marzo de 2021

APRENDENDO SOBRE CULTURA TRADICIONAL MARIÑA GALEGA



Hoxe tivemos a gran sorte de ter no centro un obradoiro sobre cultura tradicional mariña de Galicia. A actividade era impartida por persoal do Museo do Pobo Galego e, como non nos podemos desprazar ata alí, fixemos unha visita virtual ao museo a través dunha videoconferencia. Por sorte, tamén tivemos a oportunidade de disfrutar in situ de moitos dos materiais que se atopan alí, xa que Jose achegounos ao centro unha gran variedade de propostas que nos ensinaron moitas cousas que non sabíamos sobre a tradición do mar na nosa comunidade.

Así foi que aprendemos diferentes tipos de pesca, embarcación ao longo da historia, como remar para non afundir (aínda que recoñecemos que nisto todavía nos queda moito), tipos de peixes nas diferentes zonas...

Foi unha sesión teórico - práctica na cal puidemos incluso manipular certos obxectos cos cales facemos da aprendizaxe algo máis significativo. A actividade era para as idades de 3º a 6º de primaria que asistiron nas diferentes quendas e respectando en todo momento as medidas de hixiene e desinfección indicadas no protocolo.

Queremos dar grazas aquí ao Museo do Pobo Galego pola súa atención e especialmente a Jose e Carme pola profesionalidade demostrada.

Esperemos que nun futuro cercano poidamos facer unha visita ao museo, pois quedamos con ganas de máis!!!

Deixamos algunha foto e vídeo resumo da xornada:

FOTOS

martes, 16 de marzo de 2021

METEOMOECHE NA ESCOLA

 Sodes moitas as familias que estades a enviar fotos interesantes ao correo "meteomoeche@gmail.com", pero tamén vos queremos ensinar como imos avanzando no proxecto dentro da escola. Desde os máis pequechiños/as ata os grandes! En primeiro lugar veremos como os peques da casa traballan de xeito manipulativo o vocabulario relacionado co frío durante esta estación.









Asemade, os maiores do centro fan climogramas analizando valores como temperaturas e chuvias, emitindo un informe que nin o mesmo Pemán!!!




sábado, 13 de marzo de 2021

GLORIA FUERTES

Gloria Fuertes é unha autora que traballamos todos os anos por estas datas. Gústanos moito a súa maneira de presentar a poesía, poemas sinxelos ao alcance de todo o mundo. Textos adaptados ás nenas e os nenos, explicando cousas que son do seu interese. Os nosos favoritos son aqueles que comezan por "Como se dibuja...". 

É por iso que a nosa amiga Modestina, todos os entroidos, selecciona unha desas composicións para que saquemos as nosas mellores artes de debuxantes e intentemos seguir os pasos do poema para reproducir unha imaxe que se asemelle ao escrito por ela. Marzo é o mes da poesía e a moitos de nós encántanos disfrazarnos de pallasos, polo que pensamos que pintar pallasos a través dunha poesía sería unha idea marabillosa.

Os encargados/as de facer as ilustracións foron os grupos de 3º,4º,5º e 6º e foron moitas as obras presentadas, pero só dúas podían ser as seleccionadas como as "mellores" e levar un pequeno recoñecemento. A decisión sería tomada por un esixente xurado composto polo alumnado de infantil, 1º e 2º.

Taboleiro con todas as propostas


Aquí ofrecémosvos unha representación do xurado, tomando unha dura decisión...




Despois da deliberación pertinente, estes serían os pallasos que máis gustaron (levan un número xa que o xurado non podía coñecer a autoría da obra de arte)





PARABÉNS A ÓSCAR (3º) E ALBERTO (5º), GAÑADORES DESTE CURSO!!!

ESPEREMOS QUE DISFRUTEDES DO VOSO AGASALLO


martes, 9 de marzo de 2021

8 DE MARZO CON "LA GUAGUA"



O pasado luns tivemos a oportunidade de desfrutar dunha xornada moi divertida con Maruxa e o Señor Dormilón. As nosas nenas e nenos esforzáronse moito para axudalos a atopar a Lois (e de paso non deixar que o Señor Dormilón se deitase por canta esquina vise). Para iso fixeron un quencemento ao ritmo da música, xogaron con globos, bailaron e riron moito. Non podía rematar a xornada sen que Maruxa nos deleitase coa súa aficción favorita: os contos. 

Rosa Caramelo foi a obra escollida e nela puidemos falar de igualdade, e reforzar así todo o que se traballou nas aulas co gallo do Día da Muller. 

O espectáculo transcorreu respectando en todo momento os grupos estables e levando a cabo as medidas de hixiene e desinfección recollidas no protocolo. Queremos darlle as grazas a "La Guagua" pola profesionalidade amosada ao respecto, ademais da calidade do evento en si.

Cabe destacar que esta actuación recibímola no cole a proposta do Concello de Moeche que nos brindou a posibilidade para que as nenas e nenos puidesen ter unha xornada diferente.

Deixamos fotos no seguinte enlace:


FOTOS

luns, 8 de marzo de 2021

TEATRO NA ESCOLA!



Repetimos co teatro na escola, pero de xeito virtual!

Novamente a través da fundación de Abanca, puidemos desfrutar de "Nautilus" (3º e 4º) e "Laberinto" (5º e 6º), ambas da compañía de teatro "La negra".

Unha maneira de seguir vendo teatro aínda en tempos difíciles.

PROGRAMA COS BOLECHAS!!!



 Como xa sabedes, Os Bolechas son uns grandes amig@s do noso cole, tanto que xa van para tres programas que rodaron nos últimos cursos. Hoxe deixámosvos o primeiro deles, que aínda que chega tarde, será ben recibido.

Corresponde a unha gravación de "Braulio Tuber" anterior á pandemia, en outubro do 2019. Esperemos vos guste e aprendades moito sobre os seres mitolóxicos!

VÍDEO OS BOLECHAS

sábado, 6 de marzo de 2021

NOVIDADES SEMANAIS DE METEOMOECHE

 Esta semana recibimos máis detalles interesantes da meteoroloxía da contorna. 

Comezamos cun solpor en Barreiros que nos achega a profe Ofelia, unha foto moi chula coma sempre.


Grazas ao noso amigo Efrén (6º de EI) hoxe coñeceremos un novo fenómeno: o halo lunar. Trátase dun efecto óptico no cal parece que a lúa está rodeada por un anel. Normalmente é típico en lugares máis fríos que aquí, aínda que se se reúnen as condicións meteorolóxicas indicadas pode ocorrer en calquera lugar. Pode que Bardaos sexa un sitio especial?


Adrián e Martín achégannos hoxe dúas fotos dun solpor en Chanteiro, onde descubriron como o Sol lles dixo "adeus" escondéndose tralo mar. Martín, que é moi aficionado ao Sistema Solar, quere compartir con todos nós, que na primeira foto o Sol parecía Saturno!




Se queredes que as vosas fotos aparezan nestas publicacións, non tedes máis que enviar a:

meteomoeche@gmail.com

venres, 5 de marzo de 2021

MIÑA ABUELA MANUELA (VERSIÓN MOECHE)

 Unha vez máis o noso alumnado volve a sorprendernos. Hoxe queremos contarvos unha fermosa historia que nace da idea dunha das nosas alumnas. Alba, de 5º de primaria, nos primeiros días deste trimestre (onde todos lembramos que foron tempos difíciles en Moeche) estaba algo preocupada por como os nos@s maiores estarían vivindo esa situación. Foi así como un día na clase quixo compartir unha idea que lle levaba tempo roldando esa cabeciña e ese corazonciño tan humano que ten. 

Pensou que sería boa idea que as nenas e nenos do centro aprenderan unha canción para cantarlle ás persoas máis maiores que se atopan en residencias, avós, avoas, e a todo o mundo en xeral. Cavilou que un pequeno xesto por parte dun grupo de rapaces/zas podía facer sacar un sorriso en tempos complicados. Así llo fixo saber ao profesorado, quenes, por suposto, decidiron axudala. Foi así como foron organizándose para buscar unha canción axeitada, buscar traxes, aprendela etc

Hoxe queremos compartir con vós, con toda a ilusión do mundo, o resultado do proxecto que se inicia cunha idea dunha nena de 10 anos. Démoslles voz as nenas e nenos, sempre teñen algo especial que aportar. Aquí tedes "Miña abuela Manuela" (versión da casa):



mércores, 3 de marzo de 2021

O ALUMNADO DE 5º E 6º QUENTANDO MOTORES COA ROBÓTICA

 Esta semana os e as máis maiores do cole comezaron coa montaxe dos robots MBot que recibimos por parte da Consellería, dentro do Proxecto de Introducción á robótica Educativa. 

Deste xeito, vendo a montaxe do aparello dende cero, ata a súa posterior posta en marcha, poden aprender sobre as súas pezas, mecanismos e procesos, para logo coñecelos en profundidade. Tamén comezaron a traballar cos "kits" de LEGO máquinas que recibimos, dentro do mesmo proxecto, probando así diferentes tipos de mecanismos, engranaxes, etc. Iniciandose así no coñecemento práctico dos mesmos, en materia de tecnoloxía e programación. 

É importante mencionar, que cada alumno e alumna traballa co seu material e mantendo as debidas distancias establecidas no protocolo. 

A continuación podedes ver imaxes deste inicio do proceso, agardando que sirva como motivación para os nosos nenos e nenas en tempos de pandemia.













Bo traballo Modestinos e Modestinas!

DÍA DE ROSALÍA 2021

 Todos os 24 de febreiro son especiais, porque llos adicamos á nosa Rosalía. Unha muller que é todo un exemplo e á cal lle debemos moito todas as galegas e galegas, por iso é que celebramos o seu aniversario ano tras ano. Neste curso tan difícil non puidemos facer as actividades coma sempre, pero igual que nas anteriores edicións fixemos unha actividade en conxunto co Concello de Moeche: as nosas nenas e nenos escolleron verbas de Rosalía para facer recitados, caretas e incluso un rap! Compartimos todos estes vídeos, que xa puidestes ver a través das redes estes pasados días:


INFANTIL:  
1º E 2º:
3º E 4º:  
5º E 6º:  




Da mesma maneira presentamos un vídeo no cal mostramos ao inigualable "Ghaliñeiro de Moeche",

 non volo perdades!!!

 

martes, 2 de marzo de 2021

REUNIÓN INFORMATIVA PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 Hoxe deu comezo o período de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020-21, que rematará o vindeiro 20 de marzo. 

Para aclarar dúbidas e achegarvos información que vos poda ser de interese, organizaremos unha reunión o vindeiro xoves 4 de marzo ás 17:00horas a través de videoconferencia. Calquera interesado ou interesada en asistir debe poñerse en contacto co centro e enviáremoslle un enlace moi sinxelo para asistir a dita reunión.