domingo, 31 de maio de 2020

BOAS PRÁCTICAS EN EDUCACIÓN VIARIA: VÍDEO RESUMO

Pois aquí temos un pequeno vídeo a modo de resumo das prácticas responsables sobre mobilidade sostible e segura que nos presentan as nosas familias neste tempo de desescalada.
Sentidiño...


venres, 29 de maio de 2020

Xogos dende o Departamento de Orientación.

 Esperando que estedes todos o mellor posible, queremos deixarvos por aqui un xogo, para compartir uns momentos de familia o longo destes días.

Trátase dun taboleiro con imaxes, no cal só necesitaredes uns dados. Tiradedes os dados e teredes que describir o personaxe que vos tocou (podendo escribilo se o preferides).

Por outro lado tedes unha especie de tarjetas que podedes ir elaborando, imprimindo ou registrando nun caderno, unha por dia.

Animamosvos a que o poñades en práctica. Unha aperta grande.

https://drive.google.com/file/d/1QVMcALFJZBSQndQcOjQO0RPCKddCLLdm/view?usp=sharing

martes, 26 de maio de 2020

JUMANJI EDUCACIÓN FÍSICA

A semana pasada propoñíamos unha tarefa de Educación Física un tanto especial. E é que só os que conseguiran completar a partida enteira poderían dicir o famoso "Jumanji" e entrar no "Hall of fame" modestino...
Dentro vídeo!


TALLER DE CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS: RECICLAMOS


Con motivo do Día da Reciclase( 17  de maio), a tarefa desa semana de E. Artística era a creación dun instrumento musical con material de refugallo que tivéramos pola casa.
Sairon instrumentos de todo tipo: ORIXINAIS, CREATIVOS, NOVEDOSOS, DIVERTIDOS......

Pero o máis importante fixemos traballar a nosa imaxinación e aproveitamos o que pensábamos que non ía valer para nada máis. E VAIA SE SIRVE A RECICLASE

Como quedei supercontenta cos traballos do alumnado do colexio e tamén das familias, decidín publicado porque é un traballo espectacular.
Aquí vos queda un vídeo


Aquí tedes  as imaxes dos instrumentos donde se pode apreciar mellor os materiais cos que se elaboraron.


domingo, 24 de maio de 2020

Noticias curiosas e interesantes!


Ola a tod@s!

Somo Isa e Modestina e queremos contarvos algo interesante que atopamos estes días mirando en Internet.

Son noticias sobre os VOLCÁNS!!





PARA SABER MÁIS!!




Animádevos e facede experimentos! 

Aquí deixamos un vídeo sobre como facer un volcán, pero hai moitas formas e con diversas posiblidades. Curiosea e aproveita para aprender máis!!



venres, 22 de maio de 2020

OBSERVATORIO DE METEOMOECHE

Boa tarde meteorólogas e meteorólogos!

Pouquiño a pouco ímonos achegando ao mes de xuño e cada vez apetece máis poñernos ao sol, pero, debemos ter moito coidadiño, xa que estes días o índice UV situouse entre o 9-10, valores moi altos, por iso é importante protexernos. Pero... que é iso do índice UV? Pois son un tipo de raios que nos poden facer dano, pero se nos protexemos, podemos disfrutar da praia, piscina, etc sen problema! Para que vos fagades unha idea, o valor 1 é o índice máis baixo e a partir de 11 considerase de risco extremo para a saúde. Aquí tedes unha táboa a modo de resumo.


Pero... sabedes onde está o record de radición de raios ultravioleta no mundo? Nos Andes! Alí rexistrouse un índice de 43!

Andes bolivianos

Noticia, record índice UV.

E, outra semana máis, o ceo segue deixándonos imaxes e estampas sorprendentes. Mirade a nube que cazou a irmá da profe Carmen no Bierzo! A que se vos asemella? A que é moi fermosa?

Nube cazada pola familia da profe Carmen

Este creo que non é un Dragón, coma o que viu Adrián na foto que nos enviou a semana pasada. Grazas por participar!

Animádevos a seguir enviándonos fenómenos meteoróloxicos dos vosos lares a meteomoeche@gmail.com

Unha aperta de nube!



xoves, 21 de maio de 2020

BOAS PRÁCTICAS EN EDUCACIÓN VIARIA

 

Ola familias!

Hoxe queremos presentarvos unha nova proposta para facer cos nenos/as. Trátase de mostrar que seguimos traballando a Educación Viaria sendo persoas responsables de condutas seguras relacionadas con este tema, aínda que sexa en tempos de confinamento.
Por iso queremos pedirvos que vos animedes a participar ensinando ao mundo que seguides sendo bos peóns e condutores nestes tempos. E ídelo facer a través de calquera das modalidades que se describen abaixo:

1.- Facendo un debuxo no cal se vexa unha boa práctica.
2.- Realizando unha fotografía onde vos amosedes escenificando unha conduta responsable.
3.- Enviando unha fotografía onde se vexa unha montaxe que fagades con cousas da casa respectando algunha norma de circulación. Podedes usar bonecos, material escolar...

 Mandade as vosas propostas ao correo: ampineiro25@gmail.com

PRAZO ATA O VENRES 29 ÁS 16:00 HORAS


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

21 de maio Día da diversidade cultural, o diálogo e o desenvolvemento


Hoxe, 21 de maio de 2020, é o día dedicado á diversidade cultural, o diálogo e o desenvolvemento.

As alumnas e alumnos de 1º e 2º de primaria aportan o seu traballo neste día.







mércores, 20 de maio de 2020

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR


Infórmase de que

Saiu publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

orde 12 de maio

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 20 de maio ata 19 de xuño 
As solicitudes poden presentarse a través da sede electróncia da Xunta mediante o procedemento  ED330B ou no propio centro solicitando cita previa.

TELEF: 669864753
Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
 
- ANEXO I debidamente cuberto.  SOLICITUDE

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:


Para o alumnado de EP e ESO


a) Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de  que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustifcativos:
• DNI ou NIE
• Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, á falta deste, o certificado tributación de
imputacións no exercicio 2018.
• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia
• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de
pensión de clases pasivas por xubilación ou retro por incapacidade permanente para o servizo
ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)


b) Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utlizando algún dos seguintes medios:
◦ Copia do libro de familia ou equivalente onde fguren todos os membros computables.
◦ Certificado ou volante de convivencia.
◦ Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a
familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artgo
4.1 desta orde, achegarase un certfcado ou volante de convivencia no que deberán fgurar o/a
alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certfcado dos servizos sociais do
concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que
non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artgo 5 da Lei 11/2007,
do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapaiitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que
corresponda.
f) Resolución administratva ou xudicial acreditatva da situación de acollemento ou certificado do
centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galiiia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano
equivalente do concello onde resida a familia, no iaso de que o pai e a nai ou o ttor e ttores
iarezan de DNI e NIE.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e refectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.



ADMISIÓN ALUMNADO INFORMACIÓN ÚLTIMA HORA


NOTIFICACIÓN ÚLTIMA HORA ADMISIÓN ALUMNADO

Queda cancelado o procedemento da baremación para o alumnado de educación infantil dado que a dirección do centro recibiu notificación de que serán tod@s admitid@s.

martes, 19 de maio de 2020

ADMISIÓN ALUMNADO






Nesta nota informativa do centro, comunícase a necesidade de baremación do alumnado de infantil de novo ingreso no centro.


Tedes o acceso a toda a información na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


18 de maio DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS


Hoxe, 18 de maio de 2020 é o Día Internacional dos Museos.
O noso colexio é moi visitador de museos, son moitos os que afortunademente coñecemenos, e próximamente tiñamos prevista a visita aos da cidade da Coruña.

É unha mágoa que por estas circunstancias non se poidan visitar, xa que son fonte importante para a aprendizaxe.

Queremos compartir este vídeo do "Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega", museo que tamén coñecen os nosos alumnos e alumnas.

A cultura, sempre viva!!        Feliz Día para tod@s!! 



domingo, 17 de maio de 2020

OS NOSOS MAIOS E AS NOSAS LETRAS

Queremos compartir con vós o traballo dos nenos e nenas en relación á nosa cultura galega. No noso cole esta festa sempre foi moi importante e este curso non podía ser menos. Esperamos que pasedes un bo anaco gozando co seu traballo e que sexa un incentivo máis para coller impulso e continuar, porque eles e elas son o máis importante e tanto estando ao noso ladiño, como dende a distancia, tentaremos que isto sexa o máis doado para todos e todas.

Feliz Letras Galegas e feliz mes de maio!



CLICK AQUÍ PARA VER VÍDEO MAIOS E LETRAS GALEGAS

Pero, os nosos nenos e nenas dende Educación Física tamén quixeron lembrarnos que o xogo tradicional galego forma parte da nosa cultura, e aquí tedes o resultado! Mirade que ben o fixeron :)


HOMENAXE DO CEIP SAN RAMÓN A CARBALLO CALERO




Aquí está a nosa homenaxe particular a Carballo Calero



 

(Preme no enlace para poder ver a todo o alumnado e profesorado do CEIP San Rámon formando parte da imaxe de Carballo Calero)
         




As pitas baixo a choiva do CEIP San Ramón

sábado, 16 de maio de 2020

DIA DA RECICLAXE - 17 DE MAIO


Ola chicos e chicas:

O día 17 de maio ademais de ser un día moi especial para nós os galeg@s xa que é o día das Letras Galegas, tamén ese mesmo día se celebra o Día da Reciclaxe.
Nós, somos uns auténticos promotores da reciclaxe día a día  tanto no cole como na casa, así que para celebrar este día tan importante, aquí vos queda uns vídeo e tamén uns xogos para todos os nenos e nenas do colexio. Se algún papá, mamá, avó, avoa,... se animan tamén poden XOGAR e APRENDER XOGANDO coma nós.
Esperamos que vos gusten.

Lembrade que a maioría dos xogos e vídeos necesitan "Adobe Flash Player".

PARA INFANTIL , 1º  E 2º PRIMARIA

Os Bolechas 3 R  

Os Bolechas, Sabes a cor do colector?

Xogo interactivo: Recolle



 PARA 3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA

Video sobre plantes sostible

Xogo interactivo: Corre e percorre

Xogo interactivo: Na casa non se tira nada

venres, 15 de maio de 2020

OBSERVATORIO DE METEOMOECHE

Boa tarde pequenos e pequenas meteorólogas!

Se a semana pasada podíamos ver unha Superlúa, esta semana puidemos observar a conxunción da lúa con Saturno, Xúpiter e hoxe 15 de maio con Marte! Pero... que é unha conxunción? En astronomía a conxunción de dous ou máis astros é un fenómeno no que o resultado é o achegamento de dous ou máis astros no ceo. E o mellor de todo, que soe poder verse sen telescopio!

Foto National Geographic Conxunción Lúa e Marte 
Podedes consultar máis sobre o fenómeno aquí: 


A tan ansiada Superlúa do pasado 7 de maio case non se deixou ver por estes lares... estaba o ceo moi anubrado, pero a profe Ana si que puido cazala, debeu ser porque era en Cazás... jeje Mirade:

Superlúa Profe Ana
Ademais, imos amosarvos máis fenómenos que nos ofrece o noso ceo. Mirade que solpor tan fermono nos envia Iria e a súa familia: 

Solpor cazado por Iria
 E Asier tamén nos manda unha ceo de noitiña, dinos que as nubes estaban esfarrapadas polo vento. Mirade que tintes tan bonitos!:

Ceo de noitiña cazado por Asier
E, como non podemos perder a costume e é algo que nos encanta, imos cunha nova adiviña de nubes. Imaxinades que foi o que viu Adrián nesta nube?

Nube adiviña de Adrián
Animádevos a participar e a enviarnos máis nubeciñas e fotos do voso pedaciño de ceo a   meteomoeche@gmail.com, indicando o voso nome, e tamén a comentar a que se vos asemella a nube de Adri. Vós que vedes nela?

A incógnita da nube de Alexis xa está resolta na anterior publicación de Meteomoeche :)

Non esquezades, que a meteoloxía tamén mola en galego! Que teñades unha boa finde das Letras Galegas!

Apertas de nube e coidádevos moito!

Animations of a cute cloud. | Imagenes de nubes animadas, Nubes ...

Carvalho Calero "Letras Galegas 2020"


O vindeiro 17 de maio de 2020 é o día adicado ás Letras Galegas. 

Durante varias semanas compartimos e realizamos actividades interactivas que nos permitiron coñecer mellor ao homenaxeado deste ano.

Hoxe deixamos o libro dos Bolechas... Libros tan queridos e aprecidos por tod@ o noso alumnado.

Aquí deixamos un enlace no que podedes descargalo e tamén escoitalo. 


mércores, 13 de maio de 2020

RECEITAS CON RUFO E PEPA NA COCIÑA


Aquí están os primeiros que se animaron a facer unha das receitas do libro "Pepa e Rufo na cociña".

ADRI co seu postre "MARUXO" e TOMÁS coas súas "CROQUETAS DE POLO".


ANIMÁDEVOS TODOS E TODAS A PARTICIPAR.  Cociñar en familia é un auténtido pracer e despois aínda por riba podedes lambetear.


 Outra fantástica receita de Adrián Muíño
 A profe Ofelia non quería ser menos, e aquí está coa súa receita
 Iria, unha súpercociñeira guapetona

Lidia, unha experta cociñeira que xa lle vén de familia
Zeltia que se atreve ata coa comida vasca
A profe Sonia que cociña súperben pero claro gracias a Elisa

                              NOA CANEIRO elaborou unha deliciosas madalenas.

                                   Noraboa, excelente cociñeira.

ADRIÁN tamén se animou e vai postre máis estupendo lle saiu.
El fixo o postre “Maruxo” de Pepa e Rufo na cociña.

              BRAVO ADRI!!!
  




               
Tomás non quería quedar atrás e aquí está coas súas croquetas
 

CARTEIS DE CARBALLO CALERO


Como este ano, non podemos expoñelas no corredor do colexio como facíamos sempre, imos poñelas aquí para seguir levando a cabo os nosos costumes no traballo das Letras Galegas.

En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. 
Aquí os estedes, preciosos non?