Se a semana pasada podíamos ver unha Superlúa, esta semana puidemos observar a conxunción da lúa con Saturno, Xúpiter e hoxe 15 de maio con Marte! Pero... que é unha conxunción? En astronomía a conxunción de dous ou máis astros é un fenómeno no que o resultado é o achegamento de dous ou máis astros no ceo. E o mellor de todo, que soe poder verse sen telescopio!
Foto National Geographic Conxunción Lúa e Marte |
A tan ansiada Superlúa do pasado 7 de maio case non se deixou ver por estes lares... estaba o ceo moi anubrado, pero a profe Ana si que puido cazala, debeu ser porque era en Cazás... jeje Mirade:
Superlúa Profe Ana |
Solpor cazado por Iria |
E Asier tamén nos manda unha ceo de noitiña, dinos que as nubes estaban esfarrapadas polo vento. Mirade que tintes tan bonitos!:
Ceo de noitiña cazado por Asier |
E, como non podemos perder a costume e é algo que nos encanta, imos cunha nova adiviña de nubes. Imaxinades que foi o que viu Adrián nesta nube?
Nube adiviña de Adrián |
Animádevos a participar e a enviarnos máis nubeciñas e fotos do voso pedaciño de ceo a meteomoeche@gmail.com, indicando o voso nome, e tamén a comentar a que se vos asemella a nube de Adri. Vós que vedes nela?
A incógnita da nube de Alexis xa está resolta na anterior publicación de Meteomoeche :)
Non esquezades, que a meteoloxía tamén mola en galego! Que teñades unha boa finde das Letras Galegas!
Apertas de nube e coidádevos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.