Pouquiño a pouco ímonos achegando ao mes de xuño e cada vez apetece máis poñernos ao sol, pero, debemos ter moito coidadiño, xa que estes días o índice UV situouse entre o 9-10, valores moi altos, por iso é importante protexernos. Pero... que é iso do índice UV? Pois son un tipo de raios que nos poden facer dano, pero se nos protexemos, podemos disfrutar da praia, piscina, etc sen problema! Para que vos fagades unha idea, o valor 1 é o índice máis baixo e a partir de 11 considerase de risco extremo para a saúde. Aquí tedes unha táboa a modo de resumo.
Andes bolivianos |
Noticia, record índice UV.
E, outra semana máis, o ceo segue deixándonos imaxes e estampas sorprendentes. Mirade a nube que cazou a irmá da profe Carmen no Bierzo! A que se vos asemella? A que é moi fermosa?
Nube cazada pola familia da profe Carmen |
Este creo que non é un Dragón, coma o que viu Adrián na foto que nos enviou a semana pasada. Grazas por participar!
Animádevos a seguir enviándonos fenómenos meteoróloxicos dos vosos lares a meteomoeche@gmail.com
Unha aperta de nube!
Adrián está convencido de que é o camelo dos Reis Magos...jeje
ResponderEliminar