mércores, 20 de maio de 2020

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR


Infórmase de que

Saiu publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

orde 12 de maio

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 20 de maio ata 19 de xuño 
As solicitudes poden presentarse a través da sede electróncia da Xunta mediante o procedemento  ED330B ou no propio centro solicitando cita previa.

TELEF: 669864753
Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
 
- ANEXO I debidamente cuberto.  SOLICITUDE

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:


Para o alumnado de EP e ESO


a) Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de  que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustifcativos:
• DNI ou NIE
• Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, á falta deste, o certificado tributación de
imputacións no exercicio 2018.
• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia
• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de
pensión de clases pasivas por xubilación ou retro por incapacidade permanente para o servizo
ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)


b) Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utlizando algún dos seguintes medios:
◦ Copia do libro de familia ou equivalente onde fguren todos os membros computables.
◦ Certificado ou volante de convivencia.
◦ Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a
familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artgo
4.1 desta orde, achegarase un certfcado ou volante de convivencia no que deberán fgurar o/a
alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certfcado dos servizos sociais do
concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que
non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artgo 5 da Lei 11/2007,
do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapaiitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que
corresponda.
f) Resolución administratva ou xudicial acreditatva da situación de acollemento ou certificado do
centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galiiia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano
equivalente do concello onde resida a familia, no iaso de que o pai e a nai ou o ttor e ttores
iarezan de DNI e NIE.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e refectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.