xoves, 21 de maio de 2020

BOAS PRÁCTICAS EN EDUCACIÓN VIARIA

 

Ola familias!

Hoxe queremos presentarvos unha nova proposta para facer cos nenos/as. Trátase de mostrar que seguimos traballando a Educación Viaria sendo persoas responsables de condutas seguras relacionadas con este tema, aínda que sexa en tempos de confinamento.
Por iso queremos pedirvos que vos animedes a participar ensinando ao mundo que seguides sendo bos peóns e condutores nestes tempos. E ídelo facer a través de calquera das modalidades que se describen abaixo:

1.- Facendo un debuxo no cal se vexa unha boa práctica.
2.- Realizando unha fotografía onde vos amosedes escenificando unha conduta responsable.
3.- Enviando unha fotografía onde se vexa unha montaxe que fagades con cousas da casa respectando algunha norma de circulación. Podedes usar bonecos, material escolar...

 Mandade as vosas propostas ao correo: ampineiro25@gmail.com

PRAZO ATA O VENRES 29 ÁS 16:00 HORAS


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.