Bo día queridos e queridas meteorólogas!
Hoxe traémosvos unha importante nova, esta noite tedes que mirar cara ó ceo, porque vai ser a derradeira superlúa do 2020! Pero... sabedes que é unha superlúa? Pois é un fenómeno no que coinciden dúas variables: a lúa atópase en fase chea e no seu percorrido na elíptica arredor da terra (non ten un percorrido circular, senón ovalado) atópase na posición máis achegada á terra. Entón, cando coindicen estes dous fenómenos, podemos ver unha lúa grande e brillante!
Ademais, durante estes días tamén haberá unha choiva de estrelas, de pequeniños restos do cometa Halley, nós imos pedir o noso desexo se avistamos algunha, e vós?
Fixádevos e comentádenos como vístedes a lúa. Tamén nos podedes enviar algunha imaxe a meteomoeche@gmail.com :)
Imaxe dunha Superlúa extraída de Getty Images.
Podedes ver máis detalles sobre esta noticia no seguinte enlace a National Geographic:
Por outro lado, mirade que atardecer máis fermoso deste mes de maio nos envía Noa Martínez. Cunhas cores ben fermosas e unha pouca néboa asomando o seu fuciño.
|
Atardecer cazado por Noa Martínez |
E mirade que nubes entre o sol atopou Alexis, atrevédesvos a adiviñar de que se trata o que el viu?
Nube-adiviña cazada por Alexis |
IMOS RESOLVER A INCÓGNITA! ALEXIS DÍXONOS QUE A SÚA NUBE ERA UN ELEFANTE!
Apertas de nube!
Adri di que é un dinosauro!!!
ResponderEliminar