Boa tarde meteorólogos e meteorólogas!
Comezamos hoxe o mes de maio, o quinto mes do ano, entramos xa na etapa central da primavera. Un mes que no que tende a aumentar a temperatura e no que soen predominar as tormentas, veremos que nos depara maio do 2020 :)
Di o refrán que:
"Se marzo foi ventoso e abril chuvioso,
maio chegará florido e fermoso."
Vós que credes? Cumprirase o que di o refrán? Nós cremos que así será!
Coma todos os venres traemos novas achegas ao Observatorio de nubes de Metomoeche. Non esquezades que nos podedes seguir enviando imaxes de nubes ou de fenómenos meteorolóxicos ao noso correo electrónico meteomoeche@gmail.com. Poñéndolle un título á imaxe e indicando o seu autor. Compartirémolas encantados.
Mirade a tardiña tan fermosa nos envía Tomás:
O sol detrás das nubes de Tomás |
Nubes de Noa Martínez, que figura vería ela? |
Na anterior publicación tedes desvelada a incógnita das anteriores nubes participantes! :)
Gozade co noso ceo, é unha venta aberta para todos e todas.
Apertas de nube!
IMOS RESOLVER A INCÓGNITA. NOA VIU NA SÚA NUBE... UNHA PERSOA!
GRACIAS NOA! E GRACIAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!
Adrián cre que é un neno montado nun coche de choque. Abel, sen embargo, opina que é Bastian subido en Fuyur (La historia interminable)
ResponderEliminar