mércores, 6 de maio de 2020

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021



PROCESO ADMISIÓN:

No DOG do día de hoxe, achégase a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

Segundo o seu contido, a partir do 11/05/2020 reanúdase a admisión do alumnado, se modifica o horario de presenza dos equipos directivos e se permite a presenza de persoal administrativo, ao mesmo tempo será obrigatoria a presenza do persoal de limpeza.

  Por outra banda, anúncase que se levánta a suspensión da realización da FCT.

Por todo isto, a partir do día 11 de maio, todas aquelas familias que non fixeron a entrega da documentación para a admisión do alumnado do vindeiro curso, poderán facelo a partir dese día ata o 18 de maio.

Aínda que haberá persoal no centro, sempre que se poida, recoméndase enviar a documentación por correo electrónico a: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es    Para calquera dúbida sobre o procedemento de admisión, pódese consultar no  Tlf: 669 864 753

IMPRESO ADMISIÓN ALUMNADO 

Lembramos:

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse mediante o
modelo anexo II (procedementos ED550B). 

a)Os formularios poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser
descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.


b) Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta
de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923 .


c) Os centros educativos facilitarán, de forma gratuíta o impreso.

A formalización da matrícula sera entre o 1 e o 10 de xullo.


Deixamos de novo o noso vídeo promocional:


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.