martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN/MAGOSTO 2023

Un ano máis celebramos esta festa en familia. Tal e como nos gusta, tod@s xunt@s compartindo.

Tanto o Magosto coma o Samaín son festas que nos gustan moito no cole, pois xa comezan días antes. O cole cobra un aspecto máis tenebroso que de costume, os corredores só son aptos para as máis valentes... o concurso de portas terroríficas está aquí!!! Foron moitas e moi boas, pero unha votación das nenas e nenos do cole deron por gañadora á clase de 3º e 4º, PARABÉNS CHIC@S, era un gran  traballo!



Outra das grandes sorpresas, que xa leva dúas edicións, é o concurso de debuxo das nosas ludotecarias. Diferentes temáticas que se propuxeron deron grandes obras de arte, pero coma sempre, había que quedarse coas mellores...
BREO en infantil, ÉRIC en 1º e 2º, ADRIÁN en 3º e 4º e JUDIT na sempre polémica competición do profesorado, foron os traballos premiados. Parabéns para tod@s!!!


Xa no propio día da festa tivemos un montón de actividades:
A mañá xa prometía cando nos transformamos en grandes cociñeiros/as para realizar as nosas "terrorificamente saudables" merendas. Hai que decir que debían estar boas porque voaron!!!




Un pouco de recreo e a disfrutar dun obradoiro moi chulo sobre "Divermonstros". O recoñecido escritor e ilustrador galego, creador dos míticos Megatoxos, visitou o San Ramón para ensinarnos diferentes técnicas de debuxo para así poder crear o noso propio mosntro. Moitas grazas Anxo por esta emocionante actividade!



Chegaba a hora na cal as familisa entrarían no cole para facer a tradicional decoración de cabazas. Unha actividade na cal convivimos e compartimos. Todo ambientado con temas musicais e unhas boas castañas que trouxestes as familias e a cociñeira Almudena se encargou de preparar. Que ricas! 
Decenas de propostas chulísimas para que, ao final, un esixente xurado, baseándose no traballo realizado no cole e primando a colaboración de nenas e nenos fallase nos seguintes premios:

ANTÍA na categoría de DIVERTIDA
CANDELA  na de TERRORÍFICA
IRIA na de ENXEBRE
ÓSCAR  e IVÁN na de ORIXINAL

PARABÉNS POLO GRAN TRABALLO!!!

Son moitísimas as fotografías e os vídeos que fixemos durante a xornada, polo que subimos unha galería que poidades consultar todo con calma:


Unha mañá moi emocionante de convivencia que esperamos permanez ao longo da historia do CEIP SAN RAMÓN. Grazas a todos/as pola vosa asistencia e vémonos na próxima!!!




venres, 27 de outubro de 2023

KICK BOXING NA ESCOLA

Un ano máis recibimos a visita no centro do Club Kick Boxing Sansa, da man de Jose e José Viñeron facer unha sesión de Educación Física onde deleitaron á rapazada cunha clase do seu deporte. Coma sempre, un pracer chicos!!!

Deixamos un vídeo resumo:


GAEL ENSÍNANOS O SEU DESCUBRIMENTO

Hoxe, Gael máis os compis de infantil fixeron unha estupenda presentación dun óso de fémur de cabalo para todo o cole. Ó longo desta semana, en infantil, traballamos ás características duna cabalo,o seu esqueleto máis as partes das que se compón o fémur. Este traballiño partiu do interese de Gael por amosarnos o fémur de cabalo que atopou nun paseo polo monte.

Hoxe,os nenos e nenas de infantil,expuxeron todo o aprendido e demostraron ser uns fabulosos e fabulosas altofalantes!!






MOI BEN CHIC@S!!!


martes, 24 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

 FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN- LUNS 30 DE OUTUBRO

O vindeiro luns 30 de outubro celebraremos no centro a tradicional festa de Magosto e Samaín. Será un día cheo de actividades que comezaremos uns días antes na escola, decorando o centro para a ocasión e co xa tradicional concurso de portas terroríficas. O mesmo luns faremos cos nenos unha actividade dentro do Plan Proxecta de Nutriescolas no que estamos inmersos este curso. Trata de facer unhas merendas “Terrorificamente saudables”, polo que para ese día a merenda estará composta das diversas receitas que faremos cos nenos/as (e que aportará o colexio) e unhas castañas asadas. Para o tema das castañas solicitamos que cada alumno/a traia unha présa delas (non vos pasedes, pensade nas que comería un neno só). Polo que ese día non haberá que traer merenda extra (haberá varias propostas para elixir), só para beber. Ademais o alumnado terá unha actuación especial a cargo de Anxo Fariña: divertimonstros.



Xa co bandullo cheo, cara ás 12:15 convidamos a todas as familias a que veñades ao centro a realizar a tamén tradicional decoración de cabazas cos vosos/as fillos/as. Para iso teredes que traer unha cabaza sen baleirar (aos peques venlles xenial realizar este traballo) e todos aqueles elementos coas que as queirades decorar, así como os utensilios que vos fagan falla para o iso. Haberá diferentes premios e pasarémolo xenial.

Ese día, nenos/as e maiores podedes vir disfrazados/as. Calquera dúbida consultade coas titoras e titor.

Agardamos por todos e todas!!!

luns, 23 de outubro de 2023

MICROBIOLOXÍA

Hoxe, os maiores do noso cole tiveron a oportunidade de ter unha charla/experimentos sobre microbioloxía. Observaron en microscopios diferentes mostras de pelos, capas de cebola, saliva, tomate...

Un pasiño máis na nosa aprendizaxe da man de Fanny, a cal puido estar no colexio grazas ao Concello de Moeche dentro do programa "Ler conta moito".





venres, 20 de outubro de 2023

CONTACONTOS "O SOÑO DO GALO"




Moito nos gustan estas actividades: elaboradas por nenos/as para que disfruten outros nenos/as.

"O soño do galo" foi o conto escollido por cinco alumnos/as: Candela, Óscar, María, Itziar i Estrela. Unha chea de aplausos foi o que recibiron ao rematar unha representación feita hoxe na biblioteca do centro. Foron eles mesmos/as quenes escolleron conto, repartiron personaxes, ensaiaron e incluso deseñaron parte do escenario e vestiario.

BRAVO!!!







VOLVE RADIO 23!!!

Radio 23 xa está de volta!!!

E o fai cun podcast moi especial, entrevistando ás dúas novas profes que se incorporan este ano ao centro educativo: Fátima e Carla.

Deixamos o podcast!


CANLE YOUTUBE HISTÓRIC@S 8.0

Un ano máis, os maiores do cole renovan a súa canle Youtube. Este ano somos Históric@s 8.0!

Se queres seguirnos busca en Youtube "Históricos Moeche" e poderás ver moitos traballos e contido relacionado co que vemos na aula.

Deixamos o vídeo de presentación!


xoves, 19 de outubro de 2023

RCP NA AULA



Hoxe rematamos o que foi unha gran experiencia no cole. Todo o alumnado tivo a oportunidade de coñecer aspectos básicos de primeiros auxilios. Grazas ao Centro de Formación e Recursos de Ferrol, que nos proporcionou formación para impartir esta temática cos alumnos/as, así como un préstamo de material para levalo a cabo na aula.

Así foi que, durante uns dez días aprendemos a actuar en situacións de perigo. De infantil a 6º, pasando polos profes, todo o mundo se puxo mans á obra. As nenas e nenos de infantil, por exemplo, saben perfectamente valorar a consciencia e respiración dunha persoa... e tamén marcar o 112 se fixera falla!!! Iso si, para aprender foi á nosa maneira, cantamos e bailamos a canción do "uno, uno, dos"...

En 1º e 2º fomos algo máis aló e xa vimos como comprimir, actuar en caso de atragoamento e colocar a posición lateral de seguridade en casos necesarios. Hai que comentar que nesa clase nos parecen mellor chamarlle "Manobra fronte - queixo", en lugar de mentón, así nos acordamos.

A rapazada de 3º e 4º, coñeceron algo máis, pois xa manexaron desfibrilador, ademais de todo o anterior. Podemos destacar varios ritmos para comprimir, pero nos quedamos coa Macarena ou Bob Esponxa. Moito nivel.

E falando de nivel... en 5º e 6º coñecimos e puxemos en práctica o protocolo sanitario ao completo. Cadea de supervivencia completa de todo. Variando tipoloxía de casos: adultos, nenos, bebés, afogados. Diferentes manobras de desobstrución, ventilacións, manexo materiais etc. Fixemos casos "reais" con exemplos onde tiñan que actuar durante varios minutos e hai que dicir que o fan realmente ben.

Por suposto, o profesorado tamén levou un intensivo de todo. Iso si, esperemos formarnos, coñecer, aprender, pero non ter necesidade de usalo nunca!!!

MOI BOA EXPERIENCIA QUE ESPERANDO RECICLAR ANO TRAS ANO

martes, 17 de outubro de 2023

SOBERANÍA ALIMENTARIA

Onte tivemos unha interesante charla no centro. O alumnado de 5º e 6º de primaria, como cada ano, participa dentro da materia de Ciencias da Natureza nos programas que ofrece o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Este ano versa sobre soberanía alimentaria.

Para iso contamos no cole con Laura, unha profesional que nos ensinou a mirar un pouco máis alá nos alimentos que mercamos en consumimos. Falounos sobre alimentos ecolóxicos, sostibles, miramos procedencias, etiquetas...

Toda esta información complementarémola cunha saída a Asociación Raíña Paraíso, onde veremos in situ todo o que escoitamos na charla.




domingo, 15 de outubro de 2023

OBRADOIRO DE COCIÑA EN INFANTIL!

 


O pasado venres os nenos e nenas de infantil gozamos cun obradoiro de cociña elaborando en equipo un saboroso biscoito de cabaza! Logo de escribirlle unha carta a Almudena,a nosa cociñeira, pedíndolle permiso para poder empregar o forno; elaboramos entre todos e todas unha receita sinxela do biscoito,traballando os ingredientes e as medidas precisas para a súa elaboración. A verdade que o pasamos en grande raiando a cabaza, batendo os ovos,medindo a fariña,mesturando... Para finalmente saborear  na merenda o rico pastel!!

martes, 10 de outubro de 2023

SIMULACRO DE INCENDIOS 2023


Eran sobre as 12:30 da mañá cando a sirena soou tres veces. Sabemos perfectamente o que iso significa. Hai que levantarse inmediatamente e realizar unha evacuación do centro sen deterse pero con calma. Alumnado seguindo os carrís debuxados no chan, camiñando sen correr e formando fila india. Profesorado acompañando e deixando todo cerrado por detrás. Menos de dous minutos e todo o centro estaba na pista polideportiva, punto de lugar seguro. Bueno, todos todos non... O noso amigo Teo foi este ano o gancho que axudou a que todo fose o máis realista posible. Non houbo problema, os bombeiros acudían rapidamente ao rescate de Teo, e só nuns segundos tamén estaría en zona segura.

Actuación de sobresaínte do alumnado, sen perder a calma. Tocaba premio...

E vaia que tocou... pedazo mañá pasamos subindo nos coches da Garda Civil e dos bombeiros, probando chalecos, usando a mangueira, poñendo sirenas e, sobre todo, atendendo ás explicacións sobre o funcionamento do equipamento que teñen para realizar a súa gran labor.

Queremos felicitar desde aquí so GES de Ortigueira e á Garda Civil de San Sadurniño por vir a mañá do pasado luns ao cole. Esperamos vernos moitos anos máis, iso si, en simulacros!

Deixamos unha galería de fotos, pois son moitas.


FOTOS

xoves, 5 de outubro de 2023

POSTAIS DE OUTONO




Xa sabedes que no noso centro a ludoteca é moi activa, e iso é grazas a que temos un gran equipo de ludotecarias que a dinamizan que dá gusto. Para iniciar as súas actividades do curso propuxeron unha unha especie de "amigo invisible" con postais de outono. De xeito voluntario, o alumnado e profesorado podía anotarse a esta iniciativa. 

O tema era sinxelo, por sorteo tocábache facer unha postal con temática outonal para unha persoa, e ti recibías outra a cambio dunha terceira. Houbo moita participación con presentacións chulísimas!!!

GRAN PROPOSTA DESTE EQUIPAZO!