Queridos nenos e nenas, queridas familias: un ano máis chegou Chistín ao colexio cun novo concurso.
Este ano, o concurso será de ENXEÑO E INTELIXENCIA.
HABERÁ 3 NIVELES DIFERENTES:
Infantil
Nivel 1:para os cursos 1º, 2º e 3º
Nivel 2: para os cursos 4º, 5º e 6º
👀 PRESTADE ATENCIÓN
1º Ler a pregunta con calma.
2º Intentar resolvela. Podedes pedir axuda na casa.
3º Escribir nun anaco pequeno a solución da adiviña e o teu nome
4º Non esquezas poñer o teu nome.
5º Ao día seguinte, debes introducir na caixa correspondente ao teu nivel que hai na entrada do colexio o teu papeliño. Chistín revisará todos os días as vosas solucións.
IMPORTANTE: O concurso durará 15 días. Cada día haberá unha proba, un total de 10 probas. Sempre se deben resolver ao día seguinte da publicación no blogue. Non podemos introducir na caixa a solución atrasada doutra pregunta porque entón Chistín non a dará por boa.
ESTADE MOI ATENT@S QUE O PASAREMO BEN!!!
AHHHH
! HABERÁ PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES E TRES PREMIOS ESPECIAIS
PARA OS GAÑADORES DE CADA NIVEL. En caso de empate, os gañadores serán escollidos por sorteo entre os acertantes.