venres, 26 de febreiro de 2021

METEOMOECHE: ÚLTIMAS PROPOSTAS DE FEBREIRO

No día de hoxe traemos unhas fotografías tomadas por Asier (6º EI), onde nos ensina o amencer desde San Ramón (vese por aí un edificio que seguro vos soará...). As dúas fotos tomadas con só 7 minutos de diferencia e podemos ver como aparece o señor Lorenzo por enriba do pavillón polideportivo.



Da mesma maneira, o noso compañeiro tamén nos fai outra achega, neste caso é un time lapse, que é o resultado de unir varias fotogramas de diferentes horas para poder reproducilos logo nunha única secuencia. Neste caso facilítanos un dun amigo seu, que realiza esta proposta sobre Asturias. non vola perdades, pois está xenial:



Por último, pero non menos importante, temos aos nosos amiguetes de infantil, que con estas fotos nos ensinan como están a traballar na súa aula un rexistro meteorolóxico. Vemos como os peques mostran fachedosos os seus traballos do mes de febreiro!







martes, 23 de febreiro de 2021

CULTURA CASTREXA


 


O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria tiveron hoxe unha xornada especial. Visitáronnos @s compañeir@s do Museo Arqueolóxico Galego para levar a cabo unha sesión sobre a cultura castrexa. Na mesma fixeron ver ao alumnado de onde vimos, como eran e como vivían os nosos antepasados e a través dunha serie de materiais e unha visita virtual no castro de San Cibrao de Las, coñecer máis sobre o pasado castrexo en Galicia.

A sesión levouse a cabo respectando todas as medidas se seguridade e hixiene, por suposto. 

Queremos agradecerlle a Monste e Jota a súa labor, xa que nos ensinaron moitas cousas e ademais dun xeito lúdico. Da mesma maneira destacar o bo comportamento do noso alumnado, mostrando actitude de interese e curiosidade nesta temática. Tanto que, en canto acabamoa a sesión fomos ao patio a intentar facer lume con pedras e construír armas de caza...

Deixamos unha galería de fotografías para que vexades un pouco máis sobre a actividade!


GALERÍA DE FOTOS

domingo, 21 de febreiro de 2021

O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA COA ROBÓTICA

Como ben sabedes, este curso continuamos avanzando aos pouquiños no proxecto de Robótica no que estamos inmersos, desta volta adaptados ás novas medidas hixiénico-sanitarias. Queremos amosarvos algunhas imaxes do que viñeron traballando co material relacionado coa robótica o alumnado de Infantil e de segundo de Educación Primaria durante as pasadas semanas: Cubetto, Colvy, Doc, Escornabot e Lego. 

Ao mesmo tempo que se inician neste campo, estimúlase a súa motricidade fina, o pensamento lóxico, a lateralidade, as nocións espaciais e temporais, o conteo, a lectura de códigos, entre outras habilidades.  













venres, 19 de febreiro de 2021

NOVIDADES POR METEOMOECHE!

 Temos novidades no noso observatorio da contorna. En primeiro lugar, viaxamos ata Bardaos, onde Alberto (5º EP) quere mostrarnos como son alí tanto o amencer coma o solpor. Desta maneira podemos comprobar como aparece e marcha o sol respectivamente. 




Da mesma maneira, Alberto tamén nos quixo ensinar un dos xogos que se poden facer na neve. Trátase dun anxo de neve: simplemente teredes que deitarvos no chan e mover brazos e pernas sen doblalas, ao rematar levantádevos e observade a figura!


Mara (5ºEP) aporta unha fantástica imaxe que ela mesma titula "Ceo empedrado". Seguro que moitos coñecedes refráns con esta expresión, como por exemplo: "ceo empedrado, en tres días chan mollado". Pero... a que se debe?
En efecto, cando observamos no ceo este tipo de manto de nubes podemos dicir que vai chover. Este tipo de nubes chámanse altocúmulos (tamén chamados borreguitos polo seu parecido co animal). Normalmente, despois de aparecer estas nubes veñen os altoestratos, que irán tornando en gris para formar os "nimbostratos", que xa son as típicas nubes de chuvia.



O LEGADO DE JUANETE 5



Todo chega ao seu fin, incluso Juanete. Despois de facernos pasar de todo temos que despedilo, pero farémolo por todo o alto!!!

Para iso, Juanete ten preparado un vídeo no cal vos ensinará o cumprimento do último mandato por parte das nosas nenas e nenos. Ademais dirá o seu testamento antes de morrer queimado.

Eu non me perdería a última parte de "O legado de Juanete"!!!


xoves, 18 de febreiro de 2021

O LEGADO DE JUANETE 4/5

 



Xa estamos na cuarta entrega do legado do noso Juanete, chegando ao final!!! No de hoxe mostraremos o mandato correspondente ao xoves. Queredes saber cal foi? Pois clicade no vídeo!!!

mércores, 17 de febreiro de 2021

O LEGADO DE JUANETE 3/5



Continuamos mostrando o legado do noso Meco virtual. Este é o vídeo correspondente ao mandato de mércores, consistente en bailar!!!

Coma sempre, as nosas alumnas e alumnos non defraudaron e sacaron as súsa mellores danzas!!!


luns, 15 de febreiro de 2021

O LEGADO DE JUANETE 1/5

 O noso querido Meco Juanete estivo dando moita caña durante esta semana pasada para que fixésemos todos os seus mandatos. Pero todo esforzo ten a súa recompensa, hoxe comeza "O legado de Juanete", unha semana de vídeos onde el deixará o seu legado para que sempre permaneza nas nosas memorias antes de ser queimado...

Vídeo correspondente ao mandato do luns: cantar unha canción!



sábado, 13 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

 O venres tivemos unha xornada festiva. Non é o Entroido ao que estamos habituados, pero había que adaptarse aos novos protocolos COVID. Aínda así as nenas e nenoas pasárono en grande cos Contos Choqueiros de Pedro Brandariz e os diferentes xogos que as mestas/es tiñan preparados. Deixamos un vídeo de resumo. E lembrade que Juanete todavía fixo un último mandato o venres e está preparando unha gran sorpresa para todas e todos vós cando remate o Entroido!!!



venres, 12 de febreiro de 2021

METEOMOECHE ON FIRE!

 Pois grazas á mellor comunidade educativa que existe no mundo mundial, temos máis fotos na nosa bandexa para continuar co proxecto de meteoroloxía do centro.


O noso compañeiro André, de 3º de primaria, envíanos unha fermosa estampa que reflexa a saída do sol despois dunha xornada chuviosa. Vemos como os nimbostratos (nubes escuras que levan chuvia e impiden ver sol) deixan para a cumulos e altocumulos.


Seguen a chegarnos fotos de alumnos/as que tiran de hemeroteca para ensinarnos paisaxes nevados que vimos a inicios de ano. Neste caso, Mara (5º EP), posa montada nunha gran bóla de neve co seu irmán.


Xa sabedes que nos encantan as fotos de arcos da vella. Esta en concreto, situámola en Gundiao e nola achega Maria, de 3º de EP. Foto tomada o 5 de xaneiro, será un portal de chegada para os Reises???



Foto moi típica destas semanas pasadas. Nuno (4º EP), tralo seu cristal titula "e segue a chover...". Ánimo Nuno que como di o refrán "Nunca choveu que non escampara"



Por último deixamos este fotón que nos trae Álex (3º de EP). Na mesma podemos ver unha posta de sol desde a súa casa. Podemos ver como o sol se esconde tras Coto Agudo, curioso lugar onde converxen tres concellos (Moeche, San Sadurniño e Valdoviño)


MILLEIROS DE GRAZAS FAMILIAS, SEGUIDE ASÍ!!!

PARA ENVIAR FOTOS:

meteomoeche@gmail.com

xoves, 11 de febreiro de 2021

OS "CONTOS CHOQUEIROS" CHEGAN MAÑÁ AO NOSO CENTRO

 O coronavirus levou consigo moitas cousas, pero a ilusión nunca a levará. Mañá teríamos no cole unha gran festa de Entroido, pero como isto non pode ser decidimos traer un pequeno contacontos. Para isto virá o cómico galego Pedro Brandariz a presentarnos a súa actuación "Contos choqueiros". Unha sesión de contos divertida, onde a través da comedia, recupera as tradicións do Entroido típico galego con peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, ...

Cada aula ten asignado o seu horario diferenciado por grupo burbulla, mantendo as debidas distancias, cun pequeno descanso entre as catro actuacións (unha por grupo-aula) para desinfectar. Manteranse ante todo tódalas medidas hixiénico-sanitarias, pero o fundamental é que detrás das pequenas máscaras que tapan as cariñas dos nosos nenos e nenas a diario, conseguiremos que aparezan moitos sorrisos. 

Non vos esquezades de que mañá temos a última mensaxe do noso querido Meco Juanete! Que nos terá preparado?

Logo disto, agardamos que disfrutedes dunha ponte de Entroido tranquila e acompañados dos vosos. 



martes, 9 de febreiro de 2021

XORNADA DE TEATRO "Os tres osos"

 Hoxe os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria disfrutaron do espectáculo de "Los tres osos" unha adaptación do popular conto de "Ricitos de oro" adaptado. Foi a través da pantalla, pero cos actores e títeres totalmente en directo e as dúas aulas coa lúz ténue, tal e como nos pediron, convertida en teatro. 

O xoves imos ter a oportunidade de interactuar tamén con eles. Unha nova experiencia que nos gustou e alegrou en tempos de Covid. 


Enlace á sinopse da actuación








METEOMOECHE...SEGUIMOS!!!

 Máis propostas sobre meteoroloxía das familias... MIL GRAZAS!!!

Comezamos coas fotos de Estrela, de 3º de EP, que xunto co seu pai foron ver a neve nestes días pasados. Vemos na foto, incluso, o estado de conxelación ao que somete a auga cando baixa a temperaturas ínfimas.



De Iria (3º EP) chégamos unha bonita paisaxe que podemos ver desde a súa casa. Trátase da zona central de San Ramón, moi preto de onde está situado o colexio.


Non hai mal que por ben non veña, e é que aínda que fixera moito frío no comezo deste ano, os máis peques da casa puideron xogar coa neve e facer bonitos bonecos. Tal e como fixo a nosa compañeira Noa Caneiro, de 3º de primaria.



Tamén Noa nos manda unhas fotos nas que se ve claramente o fenómeno da xeada, que podemos ver nas primeiras horas da mañá despois de pasar moito tempo de frío pola noite. Os campos amanecen cubertos dunha capa branca e, nesta foto, incluso podemos ver o estado de auga da piscina. Credes que Noa ese día arriscou cun baño?




MILLEIROS DE GRAZAS FAMILIAS POR TANTAS APORTACIÓNS PARA O NOSO PROXECTO. SEGUIMOS RECIBINDO NO CORREO "meteomoeche@gmail.com"


luns, 8 de febreiro de 2021

COLABORACIÓNS NO PROXECTO DE EDUCACIÓN VIARIA

 Este ano tamén estamos a traballar no proxecto de Educación Viariae, por suposto, tamén se están implicando as familias como xa vimos en anteriores publicacións. Neste caso traemos a Efrén que, coa axuda do seu irmán e futuro alumno Gael, fixeron un sinal de tráfico para poñer na súa casa. Esperamos as vosas propostas sobre a temática en "eduviariamoeche@gmail.com"

GRAZAS!





sábado, 6 de febreiro de 2021

MANDATOS DO MECO 2021



Este ano, debido á crise sanitaria que estamos a vivir, vémonos na obriga de non celebrar o Entroido tal e como viñamos facendo nos últimos anos. Con moita festa e convidando ás familias para pasalo ben con nós. Por iso, respectando ao máximo as medidas do protocolo decidimos facer unha adaptación do mesmo, porque as nosas pequenas e pequenos merecen ter un Entroido e pasalo xenial, será diferente pero pasarémolo pipa!!!

Pero temos que estar moi atent@s! Este ano teremos Meco, por suposto, pero será virtual! O Meco Juanete será o encargado de poñernos a proba durante esta semana. Mandará probas variadas para que o alumnado realice cos seus profes na clase e sempre unha opción para que poidan participar as alumnas e alumnos que estes días non poidan asistir ao centro, polo que todos/as podemos participar!!!

Todos os días ás 9:15 (de luns a venres incluídos), Juanete dirá o seu mandato nun vídeo que estará subido na canle Youtube do centro (CEIP SAN RAMON MOECHE) e incluso nesta mesma páxina ao final. No mesmo el contará o que hai que facer e incluso teredes un texto ao final resumindo o mandato por se non quedou claro. Serán probas nas cales se vos pida que mandedes algunha foto ou vídeo (as nenas e nenos que fagan a proba no cole, xa se encarga a profe. Para os da casa, deixa un correo electrónico). En ningún caso será nada que incumpla o protocolo polo que estade tranquil@s que non haberá que tirar moito de armarios ou peticións.

Por suposto, as familias e alumnado poderedes disfrutar desta festa con nós, pois o señor Juanete terá unha sorpresa gardada para cando remate o Entroido

ESPEREMOS QUE PARTICIPE TODO O MUNDO!!!

QUE VIVA O ENTROIDO!!!


MANDATO DO LUNS:



MANDATO DO MARTES:



MANDATO DO MÉRCORES:



MANDATO DO XOVES


MANDATO DO VENRES


O TEMPO EN METEOMOECHE, RESUMO DA SEMANA

 Os nenos e nenas de infantil do cole son os encargados este mes de febreiro de rexistrar o tempo que observan a través da estación meteorolóxica do centro. Polo que decidimos compartilo con vós, en concreto o que fomos vendo que ocorreu de luns a xoves. 

Agardamos que sexa do voso agrado, quedamos algo cohibidos ante a cámara, somos máis de falar sen medios de comunicación polo medio :)

Unha aperta virtual pequenos e pequenas meteorólogas!



NOVIDADES EN METEOMOECHE!!!

 Temos moitas fotos que nos seguides enviando ao correo "meteomoeche@gmail.com" que iremos subindo estes días. Polo de pronto, hoxe ensinámosvos as seguintes propostas:


Chamámoslle "solpor" cando o sol nos di adeus e ata mañá. É un momento moi bonito e relaxante, se colledes o día e lugar adecuado poderedes tomar unha boa foto para o recordo, tal e como fixo Efrén (6º EI). titulouna "Solpor en Bardaos"


Moitas veces nos temos preguntado porque hai determinados días que parece que o ceo torna de cores rosas ou laranxas... Trátase dun fenómeno de dispersión da luz que ocorre ás primeiras horas do día ou ás últimas, cando entra e sae o sol da nosa vista. A esas horas a luz do sol chega á Terra con tonalidades máis suaves, como as que vedes nas fotos de Lidia (6º de EP) e Gabi (4º de EP). Coñecemos este fenómeno como "Candilazo"





O noso amigo Álvaro, de 6º de EI, nos achega varias fotos destes días pasados. Todos coñecemos o arco da vella, que sae cando chove e sae o sol e temos explicado en posts anteriores. Pero hai que recoñecer que este que recolleu Álvaro resulta impresionante! Na outra cara da moeda temos dúas fotos que nos mostran o que ocorre cando cae chuvia dunha maneira moi continuada: os ríos poden chegar a desbordar, como vemos no Rego de Bardaos






MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLAS VOSAS INSTANTÁNEAS!!! SEGUIMOS RECIBINDO DÍA A DÍA AS VOSAS PROPOSTAS E IREMOS PUBLICANDO AOS POUCOS EN VINDEIRAS DATAS. SE AÍNDA NON MANDACHES A TÚA PODES FACELO A TRAVÉS DE meteomoeche@gmail.com