venres, 30 de xaneiro de 2026

ANDAINA SOLIDARIA PARA A INVESTIGACIÓN DA LEUCEMIA INFANTIL E DÍA DA PAZ

 


Hoxe, despois do recreo, tivemos unha actividade especial arredor do valor da paz e da solidariedade. O alumnado de 5ºe 6º preparou un fermoso contacontos e tamén escoitamos varios podcasts sobre a paz feitos por eles e elas mesmas. Ademais, o alumnado de terceiro e cuarto escribiu un poema colectivo sobre a paz, mentres que os nenos e nenas de primeiro e segundo compartiron con todos e todas nós o que significa a paz para eles e elas. 

A continuación, desprazámonos ao pavillón para celebrar a carreira solidaria para recadar fondos para a Asociación Unoentrecienmil. Debido ao mal tempo, a actividade converteuse nunha andaina solidaria, coa que recadamos fondos para a investigación da leucemia infantil.

Para rematar esta mañá tan especial, lanzamos avións de papel ao aire como símbolo de amor e paz, enviando unha mensaxe positiva a todo o mundo. Foi unha xornada chea de valores, convivencia e solidariedade. 

Moitas grazas pola vosa participación e colaboracion, familias!

Aquí tedes máis imaxes e video do día de hoxe e tamén deixamos os podcast feitos polo alumnado de 5º e 6º. 

PODCAST 1

PODCAST 2 




venres, 16 de xaneiro de 2026

CIRCULAR INFORMATIVA ANPA - FOTOS OLRA

Circular 



FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

PRAZOS PRESENTACIÓN SOLICITUDES:


 a) Solicitudes de reserva (ED550A): do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026. 

 b) Solicitudes ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2026.

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 
  • ANEXO I ED550A  
  • Anexo I


domingo, 11 de xaneiro de 2026

CHARLA PLAN DIRECTOR SOBRE MEDIOAMBIENTE

O pasado venres tivemos unha nova charla, dentro do programa "Plan Director", coa Garda Civil. Unha vez máis veu a nosa amiga Sara a falarnos sobre o seu traballo. Nesta ocasión sobre as diferentes accións que realiza un departamento tan importante coma o Seprona.

Falamos sobre a reciclaxe, os incendios forestais e, sobre todo, de concienciación. No noso comportamento está a clave de preservar o medio ambiente.

Grazas Sara por ensinarnos tanto!




mércores, 7 de xaneiro de 2026

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 8/1/26

Debido a unha incidencia, o menú do xoves día 8 de xaneiro quedará da seguinte maneira:

1º PRATO: Pastelón de xamón e queixo.

2º PRATO: Macarróns con atún e tomate.

SOBREMESA: Mazá.

Desculpade as molestias.

sábado, 20 de decembro de 2025

FESTIVAL DE NADAL 2025

Unha data moi especial para a nosa comunidade educativa, sen dúbida. Hoxe traemos todas as actuacións en vídeo para que podades volver a velas as veces que queirades.

Queremos agradecer a todas as persoas que viñeron desfrutar con nós desta especial xornada. Ademais de agradecer enormemente a quen axudou nas labores de montaxe, desmontaxe e gravación. GRAZAS!

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!!


1.- LLEGÓ LA NAVIDAD (BAILE INFANTIL)



2.- HOXE NO BAUTIZO (TEATRO 5º E 6º)



3.- FIND YOUR OWN MUSIC (TEATRO EN INGLÉS 3º E 4º)



4.- NA BEIRA DO MAR (FRAUTA) + AO RITMO DE MOZART (PERCUSIÓN CORPORAL 5º E 6º)



5.- I WANT TO BE AN ELF (BAILE EN INGLÉS 1º E 2º)



6.- DESATINOS NA AULA DE DON CONSTANTINO (TEATRO 3º E 4º)



7.- SNOWMAN (BAILE EN INGLÉS INFANTIL)



8.- NADAL NA GRANXA (TEATRO 1º E 2º)



9.- FRIENDS (TEATRO EN INGLÉS 5º E 6º)



10.- CAMPÁS DE NADAL (CANCIÓN 1º E 2º)



11.- UNHA VELLA TIÑA NUN CAN (TEATRO MUSICAL 3º E 4º)



12.- BEDENDEN UYONA (PERCUSIÓN CORPORAL 3º E 4º)



SORTEO FESTIVAL NADAL

 Ola familias:

Un ano máis queremos agradecer a vosa asistencia ao xa tradicional festival de nadal do colexio.

Especial agradecemento a todas aquelas persoas que axudaron na montaxe e recollida do escenario que fixeron máis doada a actividade e contribuiron a fomentar a participación da comunidade educativa no funcionamento do centro.

Por último destacar que o sorteo da cesta de nadal este ano foi especialmente exitosa, chegando a recadar a non despreciable cantidade de 889€. Como xa sabedes, serán destinados a todo o alumnado a través dalgunha actividade complementaria ou extraescolar(da que seredes informados no seu momento). 

FELICES FESTAS