http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
mércores, 27 de novembro de 2024
25-N
martes, 26 de novembro de 2024
Visita do alumnado de Primaria ao teatro
Hoxe os nenos e nenas de Educación Primaria asistimos ao Pazo da Cultura de Narón para desfrutar da función "Rob", unha proposta da compañía Teatre de L´Abast.
A historia dun náufrago narrada de xeito divertido e combinando diferentes recursos: títeres, sombras e teatro clásico.
Pasámolo moi ben e, de seguro, que non será a última visita ao teatro!
venres, 22 de novembro de 2024
GHAZAFELHOS E MAGÍN BLANCO TEATRO.
ONTE AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL ACUDIRON A MOSTRA DE TEATRO NO AUDITORIO DE NARÓN.
ALÍ POIDERON GOZAR DA MARABILLOSA OBRA "A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES" PROTAGONIZADA POLA COMPAÑÍA GHAZAFELLOS E MUSCIALIZADA POR MAGÍN BLANCO.
NO BUS DE IDA.
mércores, 20 de novembro de 2024
20-N DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Hoxe é o Día da Infancia. E como xa é tradición, asistimos ao Concello de Moeche a un pleno infantil.
Xa hai unhas semanas comezamos a traballar o tema, coñecimos os dereitos que temos como nenos e nenas, firmamos un manifesto a proposta de UNICEF, baixo o lema #somosinfancia, que fala sobre que temos que loitar polos nosos dereitos. Dereitos que afirmamos non rexeitaremos, e que ademais cumpriremos cos nosos deberes, tal e como nos comentou Nuno na súa intervención.
Tamén nas aulas fixemos unhas pancartas que versaban sobre aquilo que nos preocupaba da infancia, do que máis nos gusta desta etapa e daquilo que nos gustaría que cambiase. Niko foi o encargado de comentar isto no pleno, poñendo exemplos.
Outra a actividade levamos a cabo foi unha fermosa estrela, que como ben nos comentou Paula, recolle todos os dereitos da infancia: educación, sanidade, á protección... e queremos que se cumpran!
Xa na recta final do pleno, a alcaldesa daba paso a Héctor, que días atrás representou ao CLIA modestino no Parlamento de Galicia. Volveu a realizar a exposición que fixo en Santiago. Bravo Héctor!
Para rematar o día, como chovía, fomos á biblioteca do Concello, onde Pilar nos deixou ler os nosos contos preferidos e facer debuxos.
GRAZAS POR CONVIDARNOS!
martes, 19 de novembro de 2024
DÍA DO PEÓN 2024
E coma todos os meses de novembro... POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!!!
Un ano máis, durante este mes trouxemos peóns ao cole, aprendemos a encordar, lanzar e incluso algún pequeno truco! Pero o máis importante, recuperamos tradicións e pasámolo ben!
domingo, 17 de novembro de 2024
EXHIBICIÓN DE ADESTRAMENTO DE CANS
venres, 15 de novembro de 2024
REABRIMOS!
Por fin, despois de moito traballo, estamos de volta.
O motivo do peche debeuse ao cambio do programa de rexistro da biblioteca. Migramos de MEIGA a KOHA.
Grazas a tod@s os que dunha maneira ou doutra axudastes a que o peche fose o menos tempo posible.
xoves, 14 de novembro de 2024
CLÍA NO COLE
Hoxe recibimos a visita de Tania, a monitora do Consello Local de Infancia e Adolescencia do Concello de Moeche. Viu a contarnos, xunto a tres integrantes do grupo, en que consiste este grupo, que realizan, obxectivos, actividades levadas a cabo...
Héctor, Adrián e Uxío falaron sobre os seus anos de experiencia dentro do proxecto. O resto da rapazada quedou abraiada dos traballos e obxectivos que levan acadado e amosaron bastante interés en pertencer ao grupo.
Nestas datas, onde estamos a traballar sobre os Dereiros da Infancia ven moi ben ver exemplos de nenos/as que se preocupan polo benestar dos demais iguais. Parabén o grupo de participación infantil modestino!
mércores, 13 de novembro de 2024
CHISTES DE HIPÉRBOLES!
Parece que xa é tradición! A rapazada de 5º de primaria, en Lengua Castellana, estivo a traballar a hipérbole. Xa sabedes, un recurso literario que usan os autores para dar máis beleza ao texto realizando unha esaxeración dun dos compoñentes do mesmo.
Coma sempre, unha boa maneira de facelo é contando uns chistes de hipérboles!!! Era un home tan tan tan...
Contaron os chistes, gravaron i editaron o seu propio vídeo!
3, 2, 1...
martes, 12 de novembro de 2024
MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR
Mañá, día 13 de novembro, o segundo prato verase modificado debido a un imprevisto.
SEGUNDO PRATO: Nuggets caseiros con ensalada.
Desculpade as molestias.
FINALISTAS DO CONCURSO DE PORTAS DE SAMAÍN
Despois de pasar uns días deliberando; o alumnado do centro decidiu que a porta gañadora fose a realizada polas nenas e nenos de Infantil.
Aquí quedan unhas fotiños da entrega do Diploma e a cativada pintando a porta! QUE MEDO!!
venres, 8 de novembro de 2024
TORNEO DE COLPBOL
O Colpbol é un deporte alternativo que causa moito furor no CEIP San Ramón. Trátase dun deporte coeducativo no cal, tocando un balón coas mans i en colaboración de todo un equipo, hai que introducir unha pelota na portería.
Disputamos un torneo nos recreos con aquelas persoas voluntarias. Tivo unha gran acollida, pois case toda primaria participou no torneo. Pero a clase de infantil non quedou aparte da competición, pois tivo un gran papel o día gran final. Ante un pavillón cheo de alumnado eran os máis pequenos/as os encargados de abrir boca cunha exhibición de Colpbol adaptado, onde a totalidade dos pequechos conseguía batir ao profe Abel na portería.
Esta práctica servía para introducir a gran final que disputaron EQUIPO 2 - OS CANGREXOS. Aínda que o resultado é o de menos, pois ofreceron un partidazo, cabe destacar que sucedeu algo históricos nas competicións desta escola... Un empate técnico tras un axustadísimo 1-1 no partido e unha tanda de penaltis absolutamente infinita que o árbitro decidiu deixar en empate.
Toca tamén das as grazas ao grupo alumnos/as que se ofreceron voluntariamente para ser árbitros no torneo: IVÁN, ADRIÁN MUÍÑO, LÍA, MARIO E ÁLVARO. Sen eles/as non se podería levar a cabo.
A continuación deixamos algunha foto dos grupos participantes:
METEORITOS
CHARLA SOBRE RISCOS COAS TICS
Dentro do Plan Director, este ano tocou abordar o tema dos riscos que existen no uso das novas teconoloxías. Para iso contamos coa visita da Garda Civil, en concreto de Fernando, que estivo unha sesión cos nenos e nenas de 5º e 6º falando sobre a temática.
Están nunha idade na que se poden considerar nativos dixitais, pero certo é que non teñen demasiada información sobre os riscos que supón o uso das teconoloxías que manexan. Dentro da charla xurdiron dúbidas que Fernando foi solucionando.
Un obradoiro moi enriquecedor onde nos felicitaron polo noso comportamento diante das redes. Agora toca seguir traballando nesa liña e aplicar os consellos ofrecidos na mañá de hoxe para evitar riscos innecesarios.
Grazas Fernando!!!
martes, 5 de novembro de 2024
SIMULACRO
Este luns, 4 de novembro, arredor das 10:30 soaba o timbre do cole tres veces seguidas. E iso pode querer dicir dúas cousas: emerxencia real ou simulacro.
Pola fiestra vimos chegar o camión de bombeiros e o coche da Garda Civil.
Coma todos os anos, formamos filas axiña pero, á súa vez, intentando manter a calma o máximo posible. Asegurámonos de que non quedara ninguén atrás e pechamos ventás e portas para que non haxa correntes de aire.
Saímos do cole atravesando fume ficticio e reunímonos todos na pista exterior, o noso punto de encontro seguro. Fixemos reconto e, coma todos os anos... faltaba un alumn@! Este ano Carolina (5º de Primaria) tivo que ser "rescatada" polos bombeiros. Rescate exitoso, por certo, xa que de alí a un par de minutos reuníase con nós na pista polideportiva.
Para finalizar, montamos no coche da Garda Civil, probamos o chaleco, puxéronnos as esposas coma se estivésemos detidos, montamos no camión de bombeiros e simulamos apagar un incendio coa mangueira.
Moitas grazas, unha vez máis, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil de San Sadurniño por facer o simulacro no noso cole.
Deixámosvos unhas fotos deste día. Podedes acceder a elas pinchando na seguinte:
sábado, 2 de novembro de 2024
SAMAÍN NO COLE
O pasado 30 de outubro celebramos no cole o Samaín. Fixemos merendas, decoramos portas e cabazas, desfrutamos coa familia... Un día para o recordo.
Deixámosvos un vídeo resumo do día.