Coincidindo coas datas do 11 de febreiro (Día da muller e a nena na Ciencia) e o 8 de marzo (Día da muller) fixemos moitas actividades:
VISITA DE FARRUCA
Unha científica que lles gusta moito ás nenas/os de infantil e que sempre trae un experimento. Nesta ocasión crearon unha especie de plastilina con elementos da nosa vida cotiá.
POLOS CREATIVOS
A través dos Polos Creativos as maiores do centro, tras unha gran pescuda, elaboraron unha actividade onde o resto da rapazada do cole tiñan que coñecer e tratar de adiviñar unha serie de mulleres científicas que destacaron en varios campos.
EXPOSICIÓNS
Na materia de Naturais tamén estivemos traballando duro sobre mulleres científicas, adicándolles unha gran exposición das súas vidas e logros importantes. Ademais, podedes ver diferentes creacións artísticas coas cales podemos xogar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.