martes, 12 de marzo de 2024

PUNTO LARANXA

 

PUNTO LARANXA NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería vén de publicar o “Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar” así como a actualización do “Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. En relación con isto, da instruccións aos centro educativos para a creación e posta en funcionamento do PUNTO LARANXA tanto físico como virtual.

O punto laranxa é  unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para intentar erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar facilitando así o destape dos acosos.

-       Respecto ao punto laranxa físico do noso centro, estará situado no patio cuberto a carón da porta da biblioteca no lado dereito. Aquí podedes de xeito anónimo meter unha mensaxe no buzón indicando a túa preocupación. Só poderá abrilo a persoa encargada desta tarefa e terá un carácter estrictamente confidencial.

-        O punto laranxa virtual está na páxina web do centro, nun acceso directo no lateral dereito da páxina principal. Ao premer nel, abrirá un pequeno cadro de texto no que podes de xeito anónimo indicar a túa preocupación. Ao igual que o punto físico só poderá ser lido pola persoa encargada e terá igualmente un carácter confidencial.

E   Enlace á páxina web do centro para acceder ao punto laranxa.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanramonmoeche/

 

 


Calquera dúbida ao respecto, podedes poñervos en contacto coa dirección do centro. Agardamos que esta medida sexa usada correctamente para que de bos resultados.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.