mércores, 6 de marzo de 2024

UNHA XORNADA MOI ESPECIAL



O alumnado de 6º, na materia de Valores Cívicos e Sociais, propuxo a realización dun pequeno proxecto consistente en concienciar á veciñanza do municipio en torno ao coidado do medio ambiente, aos hábitos de vida saudable e a nosa saúde mental.

Tras solicitar por mail permiso ao Concello de Moeche, fomos realizar un roteiro no cal paramos e pegamos carteis nos supermercados de San Ramón, a correduría de seguros, nave da feira, pavillón polideportivo e edificio consistorial. Queremos dar as grazas Cris, Iria, María, Natalia, Pilar e Bea por permitirnos facelo e axudarnos.




Outro lugar no que solicitamos colgar os carteis foi na Casa Niño e Casa do Maior de Casabranca. Laura e Vanesa recibíronnos cos brazos abertos para que esta xornada se convertese nunha inesquecible para a rapazada de 5º e 6º. Cos máis pequenos tivemos a ocasión de xogar un montón e agora xa somos un pouco máis amiguetes. Sabemos que a Hugo, o máis pequeno da casa, encántalle que o collamos no colo. Con Aitana bailamos, cantamos e corremos, ao igual que con Lucas, que acabou por deitarse enriba dos seus futuros compis de cole. Mariña e Sandra, que ao principio amosaban algo de vergoña, ao final foron quenes nos ensinaron un montón de xoguetes, e un súper truco coas telas da cociniña.












Outra situación moi especial foi compartir parte da mañá coas "chicas" da Casa do Maior. Un intercambio xeracional do cal saímos con moitísimo aprendizaxe. Sorprendeunos a cantidade de manualidades e traballos que fan, incluso temos planificada unha clase de Educación Física nun futuro próximo. Carme contounos como era no pasado traballar para empresas que hoxe en día son grandes multinacionais. Celsa contounos unha chea de refráns e quedamos alucinados/as coa destreza que ten Asun coas mandalas. Por último, Casilda foi a encargada de poñer o baile e canto no asunto, e incluso de lernos un dos seus contos favoritos!!!







SEN DÚBIDA UNHA EXPERIENCIA PARA REPETIR!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.