O pasado martes, tivemos sorte de que nos contaran o conto "Morto de fame" do Hematocrítico remantado cunha canción sobre o protagonista "EO! DRACULIÑO!" E os nosos nenos/as con almas de artistas remataron a sesión cunha rolda de chistesda man de Niko, Teo, Lía, Estrela, Itzíar, Álvaro, Efrén, Adrián, Martín, Mario, Estela e Gael.
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
xoves, 29 de febreiro de 2024
Reto resolto!
Moi boas, como sabiades o fai uns días, Modestina pideu axuda aos nosos cativos para topar os títulos dalgunhas obras de Rosalía de Castro. Como era de esperar fixérono máis que ben.
Modestina non falta á súa palabra e hoxe deulles as recompensas prometidas.
mércores, 28 de febreiro de 2024
TORNEO DATCHBALL 2024
Un ano máis xogamos no cole un torneo de Datchball! Este é un deporte nado en Zaragoza da man dun profe co seu grupo de alumnos. Xogo que enfronta a dous equipos que deberán tentar eliminar a todos os seus contrincantes impactándolles cunha pelota de foam no corpo. A participación foi un éxito, anotándo case a totalidade do alumnado entre 1º e 6º.
Os equipos eran:
1.- LAS OLAS
2.- NARANXAS RADIACTIVAS
3.- CANGUROS
4.- HORTALIZAS CDD
5.- TELETABIS
6.- ESTRELAS
7.- INICIALES
8.- FÉRROPUAS (falta Martín P. na foto)
TODOS OS EQUIPOS XOGARON DE MARABILLA E RESPECTANDO AS NORMAS, CUNHA GRAN DEPORTIVIDADE. PARABÉNS!!!
GAÑADOR DO TORNEO: LAS OLAS (Héctor, Adrián M., Estela e Mario)
luns, 26 de febreiro de 2024
Winter is here!
Hi! Como vai o inverno? Pois os alumnos/as de 1º e 2º non o levan tan mal afinando e bailando sen parar...ata tiveron a súa propia neve, que nin enfría, nin molla, nin se derrete!
Aquí deixamos o estupendo traballo que fiexeron preparando esta coreografía.
https://www.youtube.com/watch?v=qE7QCdYIygI
Esperamos que o disfrutedes!
See you soon!
venres, 23 de febreiro de 2024
xoves, 22 de febreiro de 2024
mércores, 21 de febreiro de 2024
MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 21/2
Debido a diversos cambios nos menús destes día por ausencia de cociñeira, o día de hoxe servirase:
-PRIMEIRO PRATO: Fideuá con verduras.
-SEGUNDO PRATO: Merluza en salsa con pataca cocida.
-SOBREMESA: Piña.
Desculpade as molestias.
A partir do día de mañá, xoves 22 de febreiro, continuarase co menú establecido.
martes, 20 de febreiro de 2024
CAMPAÑA RECOLLIDA ROUPA E CALZADO USADOS
Estimadas familias:
Neste 2º trimestre, realizaremos outra campaña de recollida de roupa e calzado usados en colaboración con Global Humanitaria e Mariola Solidaria. Tedes toda a información nos enlaces inferiores.
MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 20/2
Debido á ausencia de persoal en cociña o menú de hoxe verase modificado.
-PRIMEIRO PRATO: Pastelón de xamón e queixo.
-SEGUNDO PRATO: Paella con chícharos, cenoria e trociños de polo.
-SOBREMESA: Laranxa.
domingo, 18 de febreiro de 2024
MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 19/2
Debido á ausencia de persoal de cociña, o menú para o luns 19 de febreiro verase modificado.
-PRIMEIRO PRATO: Feixóns con pataca e xamón.
-SEGUNDO PRATO: Boliños preñados.
-SOBREMESA: Froita.
Desculpade as molestias.
venres, 16 de febreiro de 2024
ENTROIDO 2024
Un ano máis tocaba celebrar a festa do Entroido. Nas aulas falamos sobre as diferentes tradicións que existen en Galicia en relación a esta antiga festa e ademais tivemos que facelo ataviados/as con traxes poucos habituais nun aula. É que a Meca Socorro, unha señora moi fina, dispuxo que había que vir en bata, con zapatillas ou en pixama! Iso si, como premio deixounos un día de disfraz libre!
Tras cumprir todas as ordes e deseñar uns disfraces estupendos (cunha gran colaboración das familias), tocou celebrar a gran festa, vestidos/as de diferentes froitas e hortalizas, cumprindo co noso proxecto de Nutriescolas. Asi pois, fixemos unha gran ensalada de cenorias, tomates, allo porro e mesmo mazarocas de millo.
Pasarrúas, baile, canción e moita risa ata ao concello, onde demostramos a nosa pedazo coreografía saudable. Repuxemos forzas con receitas típicas destas datas (había que combinar un pouco tamén) e aló fomos a desfilar ao pavillón. Alí foi onde un grupo de familias (aos cales lles agracedemos un montón que se dispuxeran a disfrazarse para facer un día máis especial para os seus fillos/as) desfilou tal pasarela de moda. Todas as propostas foron unha marabilla pero o xurado fallou a favor do artista de rock Xian, a banda dos Fruitis, A colmea modestina e os aclamados Barbie e Ken, que arrasaron co público.
As nenas e nenos leron as tradicionais coplas onde non adoita quedar mestre/a con cabeza. As máis destacadas foron para Paula, Uxío, Sergio e Héctor.
Trala lectura do testamento á Meca por parte do alumnado de 3º e 4º, fixemos uns xogos ao ritmo da música. UNHA GRAN CELEBRACIÓN, da cal hai vídeo!!!!
TRABALLO SOBRE O UNIVERSO
O alumnado de 5º e 6º, dentro da materia de Ciencias Sociais, estivo a traballar o universo. Unha das actividades foi a de profundizar un pouco máis sobre algún aspecto do que tivesen curiosidade. Así foi como apareceron os traballos sobre cometas, estrelas fugaces, buravos brancos e negros e as constelacións.
Investigaron para aprender, fixeron maquetas e murais que podedes ver nos corredores do centro, e tamén expuxeron e gravaron o aprendido. Se entrades na canle Youtube dos Históric@s, poderedes consultar esas exposicións.
PODCAST SOBRE O XEOPARQUE CABO ORTEGAL
Seguimos cos nosos programas de Radio 23. Nesta ocasión tocou falar sobre un proxecto que estamos a levar a cabo no centro: o Xeoparque do Cabo Ortegal. Escoitade aos nenos/as que volo contan!
xoves, 15 de febreiro de 2024
Poñémonos románticos!
Hoxe, tras a volta do Entroido topámonos con varias sorpresas. Por un lado os cativos/as de 5º e 6º montaron un par de contacontos onde as risas estiveron servidas. A verdade é que valen para todo!
E por outro lado, Modestina deixounos unha tarxeta de San Valentín para que non esquezamos o moito que valemos cada un de nós e o afortunados/as que somos de compartir momentos xuntos/as.
MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 16/2
martes, 6 de febreiro de 2024
Día de Rosalía de Castro.
O próximo día 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro. Pero este ano con tanto cambio na biblioteca Modestina liouse á hora de colocar os libros e poemas de Rosalía...
Pero menos mal que están os nosos cativos/as para axudala...
luns, 5 de febreiro de 2024
PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA
Este curso estabamos a publicar pouco sobre este proxecto que leva anos con nós, pero aquí seguimos dándoo todo. Cada día, unha parella de "policías" vaise turnando para vixiar que a circulación polos corredores do centro sexa adecuada, ademais de ir ensinando aos máis pequenos como debemos facer para ser bos peóns!
En breves iremos contándovos sobre máis actividades que estamos a planificar en coordinación coa DXT!
sábado, 3 de febreiro de 2024
ARRINCA O ENTROIDO!!!
O Entroido chega ao San Ramón, coma sempre, coa chegada da nosa Meca. Nesta ocasión convivirá con nós unha Meca moi fina, que por arte de maxia colouse pola porta e apareceu nos corredores cunha mensaxe. Na mesma, cóntanos que desde este mesmo luns fará que as nenas e nenos do cole vaian con diferentes atuendos (todos de uso cotiá) á escola. Ademais este ano hai a novidade de que se cumprimos as súas normas o vindeiro xoves poderemos levar ao centro o disfraz que máis nos guste, así nolo fixo saber.
Tamén é certo que nos contou que, se non se cumpren as súas normas, voará fariña!!!
Estade atentas/os nenas e nenos, pois na saída teredes que mirar os diferentes mandatos para non esquecervos de cumprir coas trasnadas de Socorro, que así se chama a nosa nova amiga.
CROSS EN AS PONTES
Seguindo a tradición anual de asistir á carreira de cross do programa XOGADE, este curso tocou visitar As Pontes para celebrar esta xuntanza con outros centros para compartir unhas horas de convivencia e diversión.
Corrimos por categorías diferentes distancias e chegamos todos de novo a Moeche sen ningunha lesión e con moita aprendizaxe e deporte nas pernas!
Queremos dar as grazas tamén ao Concello de As Pontes pola súa colaboración no evento, ofrecendo un avituallamiento final tanto a alumnado como a profesorado, así como proporcionar un lugar seguro onde deixar as pertenzas.
Deixamos unha galería de fotos onde poderedes ver algún momento da xornada (facía moito sol e había moita xente):
xoves, 1 de febreiro de 2024
DÍA DA PAZ 2024
O pasado martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Ademais de traballar nas aulas a importancia deste día, realizamos unha serie de actividades conxuntas.
Comezamos por un gran contacontos a cargo de catro nenos/as dos maiores. "O segredo de Flora" foi a obra escollida. Unha historia que nos narra o segredo que ten Flora para controlar os impulsos que lle levan a facer cousas malas. Lola, Candela, Iván e Óscar fixeron unha gran presentación cun teatro móbil chamado Kamishibai, onde eles mesmos crearon as diferentes imaxes.