Un ano máis tocaba celebrar a festa do Entroido. Nas aulas falamos sobre as diferentes tradicións que existen en Galicia en relación a esta antiga festa e ademais tivemos que facelo ataviados/as con traxes poucos habituais nun aula. É que a Meca Socorro, unha señora moi fina, dispuxo que había que vir en bata, con zapatillas ou en pixama! Iso si, como premio deixounos un día de disfraz libre!
Tras cumprir todas as ordes e deseñar uns disfraces estupendos (cunha gran colaboración das familias), tocou celebrar a gran festa, vestidos/as de diferentes froitas e hortalizas, cumprindo co noso proxecto de Nutriescolas. Asi pois, fixemos unha gran ensalada de cenorias, tomates, allo porro e mesmo mazarocas de millo.
Pasarrúas, baile, canción e moita risa ata ao concello, onde demostramos a nosa pedazo coreografía saudable. Repuxemos forzas con receitas típicas destas datas (había que combinar un pouco tamén) e aló fomos a desfilar ao pavillón. Alí foi onde un grupo de familias (aos cales lles agracedemos un montón que se dispuxeran a disfrazarse para facer un día máis especial para os seus fillos/as) desfilou tal pasarela de moda. Todas as propostas foron unha marabilla pero o xurado fallou a favor do artista de rock Xian, a banda dos Fruitis, A colmea modestina e os aclamados Barbie e Ken, que arrasaron co público.
As nenas e nenos leron as tradicionais coplas onde non adoita quedar mestre/a con cabeza. As máis destacadas foron para Paula, Uxío, Sergio e Héctor.
Trala lectura do testamento á Meca por parte do alumnado de 3º e 4º, fixemos uns xogos ao ritmo da música. UNHA GRAN CELEBRACIÓN, da cal hai vídeo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.