O pasado martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Ademais de traballar nas aulas a importancia deste día, realizamos unha serie de actividades conxuntas.
Comezamos por un gran contacontos a cargo de catro nenos/as dos maiores. "O segredo de Flora" foi a obra escollida. Unha historia que nos narra o segredo que ten Flora para controlar os impulsos que lle levan a facer cousas malas. Lola, Candela, Iván e Óscar fixeron unha gran presentación cun teatro móbil chamado Kamishibai, onde eles mesmos crearon as diferentes imaxes.
A continuación expuxemos no corredor do centro, dentro dun precioso mural elaborado polos nenos/as, os nosos corazóns e pombas de Paz. Asemade, foi tamén ocasión de axitar unhas bandeiras que representaban a diferentes países e que dentro das mesmas albergaban mensaxes positivas que nos levan camiño da Paz. Esta última actividade foi en colaboración cunha proposta de UNICEF.
Por últimos xuntámonos na pista polideportiva para lanzar ao aire unha última mensaxe na que todos, en círculo dándonos as mans, desexamos a Paz a todo o mundo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.