mércores, 29 de xuño de 2022

INSTRUCCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-2023

 Anuncio colaboración

 

 Solicitude colaboración no comedor

 

INSTRUCCIÓN E IMPRESO  

A entrega do impreso de Autodeclaración deberá realizarse de xeito presencial no centro durante os días 30 de xuño, 4 de xullo, 5 de xullo e 6 de xullo en horario de 12:00 a 13:00 horas.

Teléfono do centro: 881930329


martes, 28 de xuño de 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A PEDROSO!!!


E xa temos aquí o resumo do que foi a excursión de fin de curso das nenas e nenos do San Ramón! O alumnado de infantil a 4º de primaria foi a pasar un día na área recreativa de Pedroso onde o equipo de Tempus Educa lles tiñan preparado un montón de actividades moi divertidas: obradoiros de mermelada, prehistoria, reciclaxe, xogos populares, diana xigante, tiro con arco...

Por outra banda, os maiores fixeron un pouco máis longa dita excursión e decidiron ir un par de días antes para ir facendo sitio aos seus compis e, de paso, realizar unha gran variedade de propostas: escape room, río, paintball, festa holly...

Deixamos dous vídeos resumo de ambas saídas nas que coincidiron un día, como podemos ver na foto!!!



xoves, 23 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS para o verán

Dende o CEIP San Ramón queremos recomendar unha serie de libros para amenizar aqueles ratos libres que poida ter o alumnado no verán. Hai libros tanto en castelán, coma en galego, coma en inglés. 

Recomendacións lectoras



ROAD SAFETY EDUCATION DICTIONARY




Na clase de Inglés, o alumnado realizou un traballo sobre Educación Viaria, centro do Plan Proxecta sobre a temática. Trátase do "Road Safety Education Dictionary". Un dicionario con vocabulario en inglés sobre este proxecto, onde as nenas e nenos aprenderon un montón!

ROAD SAFETY EDUCATION DICTIONARY

martes, 21 de xuño de 2022

ÚLTIMOS PODCAST (DESTE ANO) DA RADIO 23!!!

Pois aquí temos os últimos podcast deste curso escolar da Radio 23, que parará para cargar pilas no verán e volverá a tope no mes de setembro!!!



Nesta ocasión toca falar en primeiro lugar cun programa especial sobre o turismo de Moeche, onde tivemos a oportunidade de falar con Ramón Carballeira, técnico de turismo do noso Concello, quen nos explicou un pouco máis sobre o castelo.




E seguimos cun segundo podcast, onde o alumnado decidiu facer un pequeno resumo sobre estes últimos cursos escolares tan raros. Para iso tamén contaron en antena coa mestra Almudena, quen falou como mestra e directora do CEIP.


FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2022-2023

 

Estimadas familias:

Os prazos para a formalización da matrícula do curso 2022-23 será

dende o 22 ao 30 de xuño (ambos incluídos)


 

A documentación necesaria para formalizala é a seguinte:

 

Educación Infantil

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+2 fotografías tamaño carné co nome escrito na parte posterior

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (publicarase proximamente na web do centro)

Educación Primaria

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (publicarase proximamente na web do centro).

 

IMPRESO MATRÍCULA 

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2022-2023

LIBROS DE TEXTO I


LIBROS DE TEXTO II 

domingo, 19 de xuño de 2022

FINALIZANDO METEOMOECHE

 O curso vai chegando ao seu fin e con el as últimas achegas ao noso observatorio. 

Comezamos por dúas de Óscar (4º primaria) que nos ofrecen unha espectacular visión dun lóstrego. Que boas capturas Óscar!!!



A profe máis asidua neste observatorio, teacher Alba, fainos hoxe dúas achegas. Na primeira podemos observar unhas nubes cirriformes, o famoso "ceo enladrillado" do refrán. Dise que o día seguinte deste tipo de nubes adoita chover. Teremos que preguntarlle á nosa teacher se foi certo iso ao día seguinte de tomar a foto en Santa Comba.


A segunda fala por si soa. Solpor na praia do Terrón, en Vilanova de Arousa.


Asier, de 1º, propón tres fotografías. Parece que houbo unha noite na que a el lle chamaron a atención a cor desas nubes, seguramente se lle veu á cabeza que chovería... Informannos que son tres fotos tomadas sobre a mesma hora en San Ramón, dirección suroeste.




Iria, de 4º de primaria, quedaría alucinada ao poder contemplar en directo como se forma unha tormenta. Nesta ocasión avistou e capturou este fenómeno desde Cariño.


Outra das habituais, Noa de 4º, que nos quere mostrar un anoitecer desde tres puntos de vista á mesma hora.




E pechamos este post cunha proposta que invita a relaxarse. Este solpor capturado por Álex de 4º é do máis fermoso, verdade?







sábado, 18 de xuño de 2022

CHARLA DXT

Outro ano máis, dentro do noso Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, tivemos a oportunidade de contar no centro con Quico, coordinador de centros de Educación Viaria da provincia da Coruña. Unha vez máis demostrou unha boa conexión coa rapazada e trouxo moitas actividades moi divertidas e nas cales profundizamos un pouco máis na nosa aprendizaxe sobre a temática. Motísimas grazas Quico!!!






luns, 13 de xuño de 2022

PODCAST SOBRE PEDROSO!



Volvemos á carga con novos podcast!Nesta ocasión os maiores de 5º e 6º queren anticiparvos un pouco que van facer na súa excursión de fin de curso!


venres, 10 de xuño de 2022

IOGA NA ESCOLA




Na xornada de hoxe tivemos a oportunidade de aprender un pouco máis sobre ioga da man dunhas profesionais da materia como son Virginia e Ana, de Samsara Integral Yoga. Con elas fixemos varias asanas, controlamos a nosa respiración e aplicamos técnicas para entender a noso propio corpo. Foi unha primeira experiencia moi positiva e na cal disfrutamos moito. GRAZAS CHICAS!!!

Deixamos algunhas fotos da xornada!

FOTOS

xoves, 9 de xuño de 2022

CHARLA SOBRE IGUALDADE

Durante os pasados 2 e 9 de xuño estivemos a facer no cole uns obradoiros sobre igualdade da man de Raquel, de Atalaia. falamos sobre igualdade na rede, na vida real, problemas que nos atopamos nas redes sociais etc
Unhas charlas moi produtivas e nas cales nos demos contas de moitas realidades que están aí e que temos que reflexionar sobre as mesmas.
Queremos dar tamén as grazas ao Concello de Moeche por facer posible esta actividade!






ENSINAMOS A CIRCULAR!

Xa sabedes que no noso cole somos todos uns expertos en circulación. E é por iso que queremos compartir con todos/as os nosos coñecementos. Aquí vos vai unha serie de vídeo onde explicamos todo ben clariño!!!








mércores, 8 de xuño de 2022

CARREIRA SOLIDARIA

Unha vez máis, celebramos no cole unha carreira solidaria. Nesta ocasión intentamos, coa axuda de UNICEF aportar o noso gran de area a Ucraína. As nenas e nenos participaron nunha iniciativa que non só é deporte, senón que nos fai abrir os ollos e ver que con pequenos xestos podemos facer moito. Entre todos sumaremos milleiros de km que se converterán en axuda.



En agradecemento UNICEF envíanos este diploma que queremos compartir con todos vós para mostrar gratitud pola vosa colaboración.





venres, 3 de xuño de 2022

WEATHER DICTIONARY!

MeteoMoeche tamén se traballa "in English". E senón que llo pregunten ao grupo de 2º de primaria, que se currou un pedazo picture dictionary sobre palabras relacionadas coa meteoroloxía!

Aquí podedes velo!!!



xoves, 2 de xuño de 2022

COMEZAMOS XUÑO CON METEOMOECHE!!!

Comezamos mes e temos novas propostas no noso observatorio de meteoroloxía!


A primeira é de Noa Fraga (3 anos), que paseando por Cedeira deuse conta de que estaba a tornar o tempo. Canta razón tiña, pois esas nubes do fondo parecen Cumulonimbus, que son as que preceden nunha treboada.



E, como non, un arco da vella deses que tanto nos gustan.. Lara, de 6º, de aproveitou ese momento no que chove e sae o sol para captar esta fotografía!




Durante estes últimos días podedes seguir enviando propostas a "meteomoeche@gmail.com"


GRAZAS FAMILIAS!