venres, 30 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL 2022 (VÍDEOS)




Temos un regaliño para desexarvos un feliz ano novo... Trátase de todas as actuacións en vídeo do Festival de Nadal 2022!
Agradecemos enormemente ás familias que nos fixeron chegar os seus vídeos e cos que puidemos facer esta humilde montaxe...

martes, 20 de decembro de 2022

Cortos educativos Pixar

Neste episodio, Uxío (de 3º de primaria) fálanos dos tres cortos educativos de Pixar que máis lle gustaron e a ensinanza que transmite cada un deles. Anima a toda a rapazada a que os vexan. 

FESTIVAL DE NADAL

 FESTIVAL DE NADAL

 


 


 

Estimadas familias, comprácenos comunicarvos que de novo volvemos celebrar o festival de nadal.

Terá lugar o vindeiro xoves día 22 de decembros ás 10:00 horas

 Constará de dúas partes:

1ª parte: 10:00 a 11:30 horas apros.

Descanso: 11:30 - 12:00 e RIFA DUHA CESTA DE NADAL( os cartos recadados serán destinados no 50% para a excursión de fin de curso do todo o centro e o outro 50% a unha causa benéfica que se especificará con posterioridade).

2ª parte: 12:00 a 13:00 horas aprox.

Esperamos a vosa asistencia 

FELICES FESTAS!!! 

 



 

luns, 19 de decembro de 2022

FINAL DE TRIMESTRE EN METEOMOECHE

Aínda que podedes seguir enviando capturas que serán publicadas á volta, MeteoMoeche fará a última recompilación de fotos deste 2022. Temos que agradecer enormemente a cantidade de propostas que nos facedes chegar a "meteomoeche@gmail.com". Comezamos coas desta semana!

A primeira fáinola chegar Adriana (infantil). "Ceo ovellado, mañá mollado" di o refrán, haberá que preguntarlle se nesta ocasión se cumpriu. E por suposto o cabalo, emblemático no noso concello tomando protagonismoda instantánea.


Iria (5º primaria) achéganos esta imaxe do tamén ovellado pero cun xogo de luz que fai pensar que o Sol domina á noite...



Noa Caneiro (5º primaria) tamén quere facer ver o refrán coas súas dúas fotos tomadas desde diferentes ángulos.




Óscar (5º primaria) quere sorprender a todos cun marabilloso amencer nas Barbelas...


E pechamos con outra foto de Noa, cun dos clásicos desta sección, o arco da vella.





CHRISTMAS JUMPER DAY

O pasado venres 16 de decembro celebramos o "Christmas Jumper Day", unha actividade solidaria que realizamos en colaboración con "Save the Children".

O centro encheuse de cor e alegría cos xerseis navideños, tanto comprados coma caseiros. Todo un espectáculo!

E, ademais, conseguimos xuntar moitos cartos que doaremos a nenos en lugares vítimas de conflito ou cunha situación de risco extremo. Moitas grazas a todos por colaborares!

Aquí deixamos unhas imaxes dos vistosos xerseis:






venres, 16 de decembro de 2022

TRÁILER "HOXE NO NADAL ANDALUZ"

Estes días están as nenas e nenos a tope preparando as diferentes representacións que van a realizar o vindeiro 22 no Festival de Nadal. E como todos os anos o grupo de 5º e 6º, Históric@s 7.0 quere darvos un pequeno adianto do que vai a ser a súa obra de teatro "Hoxe no Nadal andaluz". Isto é o seu tráiler, imaxinádevos a obra!!!



PODCAST GRAVADOS EN RADIO FENE



Pois xa están aquí os podcast que gravaron en Radio Fene as nosas alumnas/os de 5º e 6º dentro da formación de radio que fixeron con eles. Pódense escoitar desde hoxe ata o 23 de decembro no dial 107.7 e tamén na seguinte web:

PODCAST