mércores, 18 de decembro de 2024

VISITA DO APALPADOR!

Hoxe tivemos unha visita especial. Cando estábamos a traballar tan tranquilos/as apareceu o mismísimo Apalpador no cole!

Compartiu un anaco cos peques do centro e incluso ofreceunos unha sorpresa que levaba no saco. Iso si, tivemos que prometerlle que nos íamos portan ben i estudar un montón.

Moitas grazas a ANPA do cole por indicarlle ao Apalpador onde estaba a nosa escola para que puidese visitar ao alumnado modestino!







luns, 16 de decembro de 2024

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DO FESTIVAL 2024

Pois xa temos aquí o programa de actuacións do festival do vindeiro venres 20 no cole. Estades todas e todos invitados a ver as pedazo propostas que vos trae o alumnado. Este ano temos de todo: baile, canción, teatro, todo feito con moita ilusión de pasar unha gran xornada!

Deixamos a orde de saída porque sabemos que, nalgúns casos, é complicado asistir toda a mañá, e así sabedes máis ou menos horarios de saída das vosas pequenas e pequenos. Iso si, entendede que son totalmente orientativos...

Esperámosvos o venres!



PROXECTO SOBRE A IDADE MEDIA

Como xa saberedes a estas alturas, estamos a levar a cabo este curso un proxecto sobre a Idade Media. Algo moi importante que hai que saber é encaixar este proceso na historia. Para iso fixemos unha liña do tempo...

Nas aulas dos máis peques foi Modestina quen lle contou nun vídeo que significaba iso da Idade Media e contoulles como vivían nesa época. Incluso falaron dos alquimistas (como xa comentamos en publicacións anteriores). Os maiores decidiron ir un pouco máis aló e fixeron unha gran investigación....

En primeiro lugar descubriron cales son os acontecementos que dan comezo e fin a esta etapa. A partires de aí puxéronse mans á obra para saber cales serían os 12 acontecementos que consideraron máis importantes a nivel mundial neste época. Por suposto, aparece un acontecemento moi local...

Investigación, extraer información, redactar un texto, elaborar un mural cunha liña do tempo, un meseciño de duro traballo para amosarvos este vídeo que resume os inicios do proxecto.

Por suposto, o último paso foi ir ás clases do máis peques para explicarlles con palabras máis fáciles este vídeo!

Esperamos que vos guste!



Contacontos de Nadal!

 Hoxe tivemos o gusto de ver un contacontos representado polos alumn@s de 5º e 6º: Adrián, Nuno, Héctor e Sergio. Representaron "O Apalpador". A verdade e que o fixeron tremendamente ben!






Recordade: Libro pechado...tempo tirado!


Un ano máis, GRAZAS!

O pasado venres celebramos o CHRISTMAS JUMPER DAY! Moitas grazas pola participación e sobre todo polas doazóns!!




venres, 13 de decembro de 2024

TRÁILER "HOXE NO PARTO"

Como xa é tradición, iremos dando un adianto da obra de Nadal da clase de 5º e 6º a modo de tráiler...

Esperemos que vos guste este aperitivo de... "Hoxe no parto"!




mércores, 11 de decembro de 2024

O Nadal xa está aquí!

 Modestina xa non podía esperar máis, armouse de pucho, guirnaldas e un particular almanaque de advento cheo de 24 historias que os nosos cativos van lendo...




SoMOS ciencia!

 Bo día, o mes de novembro celebramos o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Estivemos facendo diferentes experimentos sinxelos onde comprobar pequenos cambios que pode sufrir a materia según os elementos que mesturemos. Sen olvidar a nosa científica máis querida Farruca, que lle contou aos máis pequenos sobre un tataratataratatara avó seu que era Alquimista...






Recordade: Libro pechado...tempo tirado!




mércores, 4 de decembro de 2024

CHRISTMAS JUMPER DAY!

Como xa é tradición neste cole, e nos gusta axudar, convocamos a nova edición de CHRISTMAS JUMPER DAY. Como sabedes os cartos recaudados irán destinados a obras humanitarias xestionadas por Save the Children. 

Celebrarémolo o venres 13 de decembro, onde os alumn@s e mestr@s poñeremos un xerséi de nadal.

MOITAS GRAZAS!