O último día do cole foi unha xornada moi emotiva. Chega o verán que tanto desexamos, pero seguro que aínda que sexa un pouquiño, botaremos de menos o cole.
Ademais de moita festa, houbo un anaco para entregar diplomas ás nenas e nenos de infantil, especialmente ese que pon "graduado/a" do grupo que para o curso próximo sube as escaleiras para primeiro!
PARABÉNS A ERIN, ADRIÁN, ANTÍA, NOA, SANTI, GAEL E BRIANA!
Da mesma maneira, o grupo de 6º tamén viviu un momento moi especial, pois recibiron o seu último agasallo no CEIP SAN RAMÓN. O equipo de mestras estamos enormemente orgullosas/os do voso paso polo centro. Deixades unha pegada especial no cole e nos corazóns de todas aquelas persoas que tivemos a sorte de darvos clase.
PARABÉNS A ESTRELA, ÓSCAR, NOA, ANDRÉ, ITZIAR, IRIA, LOLA, MARÍA, CAROLINA E ÁLEX!
O día continuou dun xeito máis deportivo xogando o tradicional partido de fútbol entre profes e alumnado. Aínda que o plantel das mestras presentaba unha sólida experiencia na cancha e un montón de anos de fútbol (ou simplemente anos) nas súas pernas vían como os peques plantaban cara e conseguían dous empates, unha derrota e unha victoria. Días despois e coas maniotas case curadas, o equipo de profes podemos dicir que... BEN XOGADO!