Na xornada do martes tivemos un día moi chulo... a excursión de fin de curso!!!
Ese día que pasamos esperando moito tempo e non é para menos. Este ano desprazámonos a Corax Fauna para ver ese centro de rescate. Alí atendéronnos moi ben i explicáronnos como traballan para darlle unha vida digna a moitos animais que foron maltratados nos seus antigos fogares.
Puidemos ver infinidade de especies e incluso tocar algunhas!
A continuación dirixímonos ao Labirinto de Breoghán para, despois dunha boa enchenta, facer o percorrido sen perdernos. Sen perdernos non o conseguiu ningún grupo, pero logo de dar unhas cantas voltas demos coa saída e puidemos subir ao miradoiro!!!
Aínda que o día non acompañou demasiado... disfrutamos moitísimo!!! Deixamos unhas fotos que así o demostran!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.