http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
venres, 31 de marzo de 2023
NOVOS PODCAST!
CONTACONTOS DO ALUMNADO
Unha vez máis, os maiores volven soprender ao resto de compañeiros/as e profesoras cun novo contacontos. Nesta ocasión elixiron o famoso conto de "A toupiña que quería saber quen lle fixo aquilo na cabeza". Prepararon decorado, fixeron caretas, memorizaron texto e, con moito arte, representaron. Parabéns Iria, Óscar, Noa, Lola, Itziar e Carolina!
EASTER
xoves, 30 de marzo de 2023
CREAMOS EMPRESAS
Históric@s 7.0 segue a traballar duro. Na materia de Soci tocaba falar do sempre tedioso tema da economía, polo que intentamos amenizalo un pouco creando as nosas propias empresas. Iso si, aplicando todo o aprendido sobre recursos, cadea económica, importación i exportacións, marketing...
Neumáticos, coches, compoñentes para PC, zapatillas deportivas e mesmo patacas foron os produtos elixidos. Nos seguintes vídeos podemos ver os diferentes traballos que tamén podemos ver en formato mural no corredor do centro. Ademais, se accedemos aos códigos QR que vos ofrecen nos vídeos, poderedes ver as campañas publicitarias de podcast e vídeo.
PODCAST: DAILY ROUTINES
Na aula de inglés cada vez nos adentramos máis no mundo da Radio e, esta vez, facémolo da man do alumnado de 4º de primaria que nos fala das súas "daily routines", ou o que é o mesmo, das súas rutinas diarias.
Esperamos que o disfrutedes 👏
luns, 27 de marzo de 2023
MODIFICACIÓN MENÚ ESCOLAR
Debido a un imprevisto, informamos de que os segundos pratos deste martes 28 e xoves 30 veranse modificados. Quedarían do seguinte xeito:
MARTES 28
1º prato: Potaxe de garavanzos
2º prato: Lirios rebozados con ensalada.
Sobremesa: Plátano
XOVES 30
1º prato: Caldo de grelos
2º prato: Fideuá de peixe
Sobremesa: Mazá
venres, 24 de marzo de 2023
PODCASTS NA RADIO 23
Os alumnos de 3º e 4º levan tempo traballando nuns guións.
En grupos decidiron o tema sobre o que querían falar, escribiron o guión, ensaiárono e finalmente, graváronno na radio 23!
Aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!
martes, 21 de marzo de 2023
METEOMOECHE: FIN DO INVERNO
RIMAS EN PODCAST!
Pois tocaba practicar rimas. E que mellor maneira de facelo que nun podcast!!! Nesta ocasión, o alumnado de 6º escolleu o tema de "meterse" un pouquiño cos profes...
luns, 20 de marzo de 2023
ST. PATRICK'S DAY
O pasado venres 17 de marzo festexamos no noso centro o "Día de San Patricio" vindo vestidos de verde ou con algún complemento. Aprendemos moito sobre esta celebración irlandesa e tamén fixemos algunha que outra manualidade.
Fixémolo tan ben que non vimos a ningún Leprechaun!
Aquí deixamos algunhas fotos deste día tan especial:
xoves, 16 de marzo de 2023
CHISTES
Dende a área de Lingua Castelá estivemos traballando os chistes.
Na clase gravamos un vídeo recompilándoos todos. Pinchade na imaxe para poder velo.
Esperamos que vos guste!
mércores, 15 de marzo de 2023
8-M
DÍA DA MULLER!
A semana pasada fixemos unha exposición moi importante no cole. Ao longo de todo o curso falamos de cousas que á rapazada parécenlle obvias, aínda que na sociedade na que vivimos parece que non o é tanto. Ademais dos contacontos e actividade que publicamos a semana pasada, a rapazada fixo unha serie de tarefas na aula en torno ao 8-M.
Todas as nenas e nenos do cole fixeron na clase de Plástica un mural dunha muller cun vestido de flores e, por aulas, traballamos distintas actividades.
A clase de infantil realizou un mural onde cada neno/a debuxaba á muller máis importante para eles. En 1º e 2º escribiron frases que poñen en valor a igualdade e o respecto. 3º e 4º fixeron un texto sobre a muller que para eles era un exemplo. Por último, os maiores propuxeron "Elas", un pequeno proxecto no cal falan daquelas mulleres que merecen un recoñecemento na sociedade, aínda que non saian nos medios.
martes, 14 de marzo de 2023
OBRAS!
Atención, estamos en obras!!!
Dentro do proxecto de Mobilidade Sostible e Segura este ano tócanos renovar a nosa particular cidade interior do cole, pois estaba comezando a estar algo deteriorada.
luns, 13 de marzo de 2023
CONTOS
Este trimestre estivemos traballando os contos e as nenas e nenos fixeron moi grandes relatos. Deixamos algunhas para que os escoitedes. Están redactados, gravados i editados polo propio alumnado de 5º e 6º. Bo traballo rapaces/as!
AS MIÑAS MEMORIAS
CADA GRAN DE AREA
LA MALDICIÓN Y LA ESPADA
JUANA DE ARCO
MARIE CURIE
EL PANTANO
venres, 10 de marzo de 2023
QUE É O QUE MÁIS CHE GUSTA DO COLE?
Unha cámara e unha pregunta. Seguimos en prazo para a admisión do curso 2023-24
Visita ao Tercio do Norte e ó museo Naval.
Toupiciencia
Este xoves, 9 de marzo, de 3º a 6º de EP desfrutamos da visita da Toupiña e o seu axudante Protonio que protagonizaron o chamado espectáculo "Toupiciencia".
Ensináronnos diversos aspectos científicos a partir de varios experimentos dunha forma moi divertida.
Rimos, aprendemos e pasámolo xenial!
Pinchade na imaxe para ver as fotos.
mércores, 8 de marzo de 2023
SAÍDA FRAGAS DO EUME
O pasado martes tivemos a oportunidade de levar a clase de Ciencias da Natureza fóra da aula, e ademais a un lugar espectacular que temos ben pretiño: as Fragas do Eume.
Hai unhas semanas viñeron ata o cole o persoal do CEIDA para falarnos sobre a fauna e flora típica da fraga galega, e que mellor forma de complementar esa lección que cunha saída para ver todo in situ. Ademais, no corazón da Fraga do Eume temos un elemento de Patrimonio Cultural moi importante: o Mosteiro de Caaveiro.
Desde aquí queremos agradecer enormemente a Ángel e Laura, que unha vez máis fixeron unha labor espectacular, facendo que as nosas nenas e nenos disfrutaran aprendendo.
Deixamos algunhas fotos!
martes, 7 de marzo de 2023
CONTACONTOS CON MANUELA VARELA
No día de onte tivemos a visita de Manuela Varela no noso centro. Veu para facer un contacontos no papel de Súper Manuela, unha superheroa moi especial. A través da historia de Daniela, a nena que quería ser pirata falounos de machismo, discriminación, igualdade... nunha sesión en tono de humor para reivindicar a importancia de traballar a igualdade nos centros educativos. Todos os días son 8 de marzo!
luns, 6 de marzo de 2023
METEOMOECHE!!!
Comezamos marzo con fotos desas que vos gustan!!!
A primeira delas chéganos grazas a Gael (infantil) i Efrén (2º). Fotografaron un fenómeno moi interesante que nos explica a súa familia no correo tal que así:
Estes dias de febreiro se miramos o ceo hacia o oeste cando se pon o sol podemos podemos ver dous planetas no ceo. Son como unhas estrelas máis luminosas que as outras: son Venus Jupiter . E xunto coa lua formaran entre maña 28 de febreiro e 2 de marzo a Especial Conxuncion Venus Jupiter Lua: iranse aproximando ata mesmo parecer que se tocan.