luns, 27 de febreiro de 2023

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2023-2024

O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Formas de presentar a solicitude:

A solicitude pode presentarse cuberta no centro ou ben presentala de forma electrónica a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose con Certificado Dixital ou Chave 365(Procedemento ED550B)

Documentación a presentar xunto coa solicitude:

- DNI do alumn@(en caso de telo) e dos membros da unidade familiar.

- Libro de familia

- Certificado de matrícula(só en caso de vir doutro centro educativo)

- Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio dos proxenitores. 

Formulario admisión

Instrucción admisión 

Orde admisión

RECEITARIO POPULAR DA CONTORNA

Estimadas familias, este ano temos o pracer de formar parte do programa "Lectura e familias", no cal iremos propoñendo diferentes actividades e obradoiros onde poderán participar tanto o alumnado coma as familias.

En primeiro lugar, gustaríanos elaborar un receitario popular da contorna en galego a partires das aportacións feitas por cada unha das familias que queiran colaborar. 

      Unha vez teñamos un bo número de aportacións, editarase dito receitario, levaremos a cabo a súa impresión e divulgación na contorna e comunidade educativa. 
      
      Para colaborar, só teredes que mandar un correo electrónico a bibliotecaceipsanramon@gmail.com, ou ben, entregar a receita aos profesores a través do alumando. 

      Esperamos as vosas deliciosas receitas!




venres, 24 de febreiro de 2023

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE

Antes de comenzar co deste semana queremos lembrarvos que seguimos recollendo fotos da neve para o especial que publicaremos a finais do inverno. Enviade as que teñades a "meteomoeche@gmail.com"

E mentres tanto...

O noso amigo André (5º de primaria) regálanos esta toma que sacou antes de ir ao cole pola mañá. Podemos comprobar que está todo o seu campo xeado, ademais que, pola cor das nubes, parece que choverá esa mañá.



A nosa teacher, habitual por estes lares, tráenos hoxe esta pedazo de foto, onde podemos ver un xogo de cores e luces moi interesante neses cúmulos que abrigan á cidade de Ourense.



Por último, pero non menos importante, vimos a comentar que ás veces o refraneiro falla. "Ceo empredado, mañá chan mollado". Pois desta vez non, o día despois da carreira de Cedeira non choveu...



luns, 20 de febreiro de 2023

PLANTACIÓN ÁRBORE



Hai uns días no centro tivemos a oportunidade de poder plantar unha árbore. Trátase dun piñeiro que nos regalou Alicia, nai do exalumno Daniel. Desde aquí queremos agradecerlle a amabilidade que tivo e ten sempre co noso colexio. Coidaremos a árbore para que sexa parte da escola para sempre.

Tamén lle queremos dar as grazas a Pedro, operario do concello, que axudou á rapazada na plantación e incluso deulles unha serie de consellos para o seu coidado.










 

sábado, 18 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023



Finalizamos esta semana cunha gran festa de Entroido onde houbo un pouco de todo...

Comezamos a mañá cun pasarrúas onde nos acompañaron as familias andando ata o Concello de Moeche ao ritmo de "O entroido move o corpo" de Paco Nogueiras. Unha representación da revolta irmandiña, na cal os máis peques conseguiron asaltar a casa consistorial e botar aos señores/as feudais fóra. Máis canción e baile e para o cole a tomar a merenda!!!


Acto seguido comezaba o esperado desfile e concurso de disfraces das familias. Todos/as as participantes estiveron xenial pero destacaron un pouco por enriba do resto o pequeno Xián, as señoras do súper, a familia co arado e o pintor coa súa obra:






No concurso de coplas (cabe destacar que foron dun gran nivel) foi premiada a de Óscar, de 5º de primaria, unha composición que non deixaba profe con cabeza...

Tras o divertido testamento que leron a rapazada de 3º e 4º no nome do Meco Andrés, tocou queimalo e despedir esta festa ata o vindeiro ano.

MILES DE GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS ACOMPAÑASTES NESTA FERMOSA XORNADA ONDE, UNHA VEZ MÁIS, VIVIMOS COMO A GRAN FAMILIA QUE SOMOS.

Deixamos un vídeo resumo cos momentos do día:






xoves, 16 de febreiro de 2023

CAMPO A TRAVÉS 2023



Por fin volvemos a xuntarnos con outros coles para facer as carreiras de campo a través que tanto nos gustaban...

Este ano tocaba volver a Cedeira para disfrutar dunha agradable xornada onde competimos con outros nenos/as, pero sobre todo disfrutamos do deporte.

As nenas e nenos fixérono xenial e, como premio, aproveitamos o gran día que fixo na fermosa entorna que nos ofrecía a vila...

Por suposto darlle as grazas ao noso querido Dani, técnico de deportes do Concello de Moeche, que unha vez máis se ofrecía para acompañarnos nesta xornada.

Aquí tedes algunha fotografía:

FOTOS

venres, 10 de febreiro de 2023

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...

MeteoMoeche segue a recibir moitas fotos, GRAZAS! E lembrade que temos reservado un especial sobre a neve de cara a finais de inverno, polo que se ides a vela lembrade enviar foto a "meteomoeche@gmail.com". Polo de agora...


Comezamos vendo como apareceu parque do noso cole totalmente xeado a primeira hora estes días pasados. Foto da profe Yaiza.


Seguimos con teacher Alba que nos ofrece esta pedazo foto na cal podemos ver a lúa chea sobre un ceo rosado en Canido. Velázquez estaría orgulloso desta toma seguro


Curiosas e interesantísimas estas fotos que nos fai chegar Efrén desde As Pontes onde podíamos ver como estaba totalmente xeado nas zonas sombrías e o contrario nas soleadas. Grazas a este alumno de 2º, esperemos que gañaras ese partido!



Estrela, de 5º, quere ofrecernos esta marabillosa vista desde Pardiñas, onde podemos ver un fenómeno típico destas datas: a néboa.



A lúa chea tamén a "cazou" Sergio (3º primaria). Unha foto ben fermosa, por certo


E para rematar con moita tranquilidade, Andrea ofrécenos este "mar en calma" do cal desfrutou na parroquia do Porto, en Meirás.





CHEGA O ENTROIDO!

O Entroido xa chega e no cole comezan a pasar cousiñas... Hoxe apareceu no medio do corredor Andrés, o Meco do revés. Parece, que como xa ven sendo tradicional, imos ter un Meco que nos porá a proba a todo o centro. Vale máis que cumpramos os seus mandatos, pois ten pensado cubrir de fariña a quen non o realice!!!



luns, 6 de febreiro de 2023

CIENCIAS SOCIAIS NO CONCELLO!




O alumnado atópase estudando na área de Ciencias Sociais o tema da poboación. Na aula tentamos coñecer o que era o padrón, censo, rexistro civil... Pero, como xa sabemos, mellor vivilo que contalo. Así que alá fomos ao Concello de Moeche, onde nos recibiron Pilar e Cristina, facendo desta clase diferente unha sesión de aprendizaxe das que quedan na memoria. Aprendemos como funciona hoxe en día o tema dos recontos de poboación, padrón municipal, documentación... e incluso vimos rexistros civís desde 1948 ata os de hoxe en día (por suposto miramos as nosas páxinas).

MOITAS GRAZAS CHICAS!!!


xoves, 2 de febreiro de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 3/2/2023

 Debido a ausencia do cociñeiro o menú do 3 de febreiro verase modificado.

1º prato: Potaxe de verduras

2º prato: bocadillo de xamón serrano

Sobremesa: natillas e froita

Desculpade as molestias.