sábado, 18 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023



Finalizamos esta semana cunha gran festa de Entroido onde houbo un pouco de todo...

Comezamos a mañá cun pasarrúas onde nos acompañaron as familias andando ata o Concello de Moeche ao ritmo de "O entroido move o corpo" de Paco Nogueiras. Unha representación da revolta irmandiña, na cal os máis peques conseguiron asaltar a casa consistorial e botar aos señores/as feudais fóra. Máis canción e baile e para o cole a tomar a merenda!!!


Acto seguido comezaba o esperado desfile e concurso de disfraces das familias. Todos/as as participantes estiveron xenial pero destacaron un pouco por enriba do resto o pequeno Xián, as señoras do súper, a familia co arado e o pintor coa súa obra:






No concurso de coplas (cabe destacar que foron dun gran nivel) foi premiada a de Óscar, de 5º de primaria, unha composición que non deixaba profe con cabeza...

Tras o divertido testamento que leron a rapazada de 3º e 4º no nome do Meco Andrés, tocou queimalo e despedir esta festa ata o vindeiro ano.

MILES DE GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS ACOMPAÑASTES NESTA FERMOSA XORNADA ONDE, UNHA VEZ MÁIS, VIVIMOS COMO A GRAN FAMILIA QUE SOMOS.

Deixamos un vídeo resumo cos momentos do día:






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.