venres, 28 de febreiro de 2020

VÍDEOS SOBRE O UNIVERSO NA CANLE DOS HISTÓRIC@S 4.0

Resultado de imagen de claqueta niños

Hoxe presentamos algúns dos nosos traballos do tema do universo de Ciencias Sociais en formato de vídeo. Son, ademais de educativos, moi simpáticos, xa que foron rodados na semana que a Meca Abelina nos mandaba traer de todo ao cole!!!

BIG BANG



AS ESTRELAS



PLANETAS E SATÉLITES


2ª MODALIDADE DE PAREADOS- CONCURSO CHISTÍN


Ola de novo. Comezamos a 2ª categoría de pareados.

Nesta ocasión serán "PAREADOS SOBRE METEOROLOXÍA"

Prazo: dende hoxe 28 DE FEBRERIRO ATA O 6 DE MARZO 

1º FINALISTA DO CONCURSO "PAREADOS CON HUMOR"

Xa temos o 1º gañandor do concurso na modalidade "Pareados sobre educación Vial"




SERGIO DE E. INFANTIL

Se ben queres circular,
o alcohol non debes probar.         





xoves, 27 de febreiro de 2020

luns, 24 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Un ano máis chegou ao noso cole unha das festas máis significativas: o Entroido. A semana comezaba dura xa que a Meca Abelina non parou de mandarnos levar cousas do máis extravagantes...
Despois de longas xornadas de traballo os disfraces estaban listos para sacalos a relucir polo concello, cantando e rindo chegamos a saudar a todas as veciñas e veciños que quixeron acompañarnos. 
Acabando a dura andaina tocaba repoñer forzas da mellor das maneiras: cunha serie de doces típicos elaborados polas familias, as cales agracemos a súa colaboración.
Era hora de desfilar, primeiro o alumnado coas súas mestras e logo as nais, pais e amig@s que se atreveron a lucir as súas mellores galas. De novo, un enorme agradecemento xa que sen eles/as a festa non sería tan especial. Tod@s estiveron xenial pero levaron mención especial:

- Burro mecánico: disfraz máis enxebre.
- Arca de Noé: disfraz máis orixinal.
- As catro estacións: disfraz máis divertido.

De seguido fomos achegándonos a Abelina para darlle un último adeus coas tradicionais coplas e testamento. Por último, queima da Meca Abelina.

No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos e vídeos do evento. Moitas grazas a todas aquelas persoas que, dunha ou doutra maneira, colaborastedes neste día!

GALERÍA

domingo, 23 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA



Este ano celebramos o Día de Rosalía con un pouco de anterioridade debido a que o 24 estamos de vacacións de Entroido. Así pois, o pasado mércores tivemos unha xornada completa. Xa con anterioridade traballamos a figura da autora e o seu valor nas aulas para, posteriormente, facer unha posta en común dos diferentes traballos.
En primeiro lugar, desde o ENDL propoñían traballar a Rosalía como unha icona da emigración de galegas e galegos a outros lugares. Desta maneira, o alumnado traballou diferentes poemas da mesma que tiñan que ver coa temática. Crearon diferentes producións que poderemos ver nunha exposición no centro a vindeira semana:







Tamén temos unha serie de vídeos sobre as poesías e cancións traballadas polo alumnado:











Da mesma maneira, a proposta do equipo de biblioteca do centro, realizamos unha versión propia da canción da Rianxeira con pandeiretas e outros instrumentos. Aquí tendes o vídeo:



Para celebrar este día tamén sumamos a colaboración do Concello de Moeche que propuxo a actividade "Caldo de gloria". Para iso, fomos obsequiados cuns manteis con versos de Rosalía que lemos antes de comer.




xoves, 20 de febreiro de 2020

FINALISTAS 1ª MODALIDADE DO CONCURSO "PAREADOS CON HUMOR"


Xa temos os 4 finalistas da 1ª modalidade do concurso de Chistín.

Os finalistas da modalidade de EDUCACIÓN VIAL son:

SERGIO DE E. INFANTIL

Se ben queres circular,
o alcohol non debes probar.
AGORA TOD@S A VOTAR!!!

OIHANE DE 1º CURSO


Se a un ciclista queres adiantar
metro e medio as de deixar 

JAVI DE 3º CURSO

Se unha multa non queres levar
vai máis amodo se non vante multar. 


MARÍA DE 2º CURSO

Para multar non levar
as normas debes respectar.


mércores, 19 de febreiro de 2020

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN


Xa sabemos con exactitude a cantidade recaudada na carreira solidaria "kilómetros de solidaridade" de "Save the children" tras recibir o reconto en valixa do banco.

Recaudamos un total de 550,84 € que xa foron ingresado na conta de Save the children".

Novamente queremos agrader a tod@s a vosa colaboración. Non hai mellor maneira de celebrar un día como o día da paz, cunha acción real axudando a quen máis o precisa.

martes, 18 de febreiro de 2020

Programa de introdución á robótica educativa en primaria

Neste curso estamos a participar no Programa de Innovación sobre Introdución á robótica educativa en primaria que ofrece a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, enmarcado dentro da Estratexia Galega de Educación Dixital (Edudixital 2020).
A robótica ten un papel fundamental no currículo, xa que nos permite traballar áreas como Ciencias, Tecnoloxía e Matemáticas (STEM) dun xeito transversal e a través de calquera das materias. 
Buscando un achegamento ó pensamento computacional, e polo tanto á programación.  
Neste sentido imos dando pequenos pasiños, tanto a nivel de formación, como de traballo co alumnado. Na actualidade a través do Escornabot, Lego, Robomaker e Cubetto. 
Segundo vaiamos ampliando o noso abano de actividades irémosvos informando, mentres deixámosvos aquí imaxes do traballo realizado. 
















PLAN "NAVEGA CON RUMBO"

Estimadas familias:

Dende o centro solicitouse a participación no Programa "Plan navega con Rumbo".

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a novena edición do plan “Navega con Rumbo”, enmarcado dentro do proxecto de educación E-Dixgal.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir sesións divulgativas cunha duración aproximada dunha hora, apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.navegaconrumbo.es

Non hai que esquecer que as novas tecnoloxías son unha gran ferramenta no proceso de ensinanza aprendizase pero sempre que o seu uso sea o axeitado. Dende o centro tentamos que isto sexa así.

venres, 14 de febreiro de 2020

ACTUALIDADE MODESTINA Nº 11 FEBREIRO 2020

Número mensual do noso particular xornal


AGRADECEMENTO DA COCIÑA ECONÓMICA FERROL


Como ben sabedes, na celebración do día da paz, fixemos unha andaina solidaria para recoller comida que iría destinada á cociña económica de Ferrol.
Aquí temos a carta de agradecemento enviada ao centro. Parabéns a todos e todas por colaborar nunha actividade realmente solidaria e con sentido práctico e real.

CONTESTACIÓN COCIÑA ECONÓMICA FERROL

Agradecemos tamén ao Concello a súa colaboración xa que ademais de permitir, coma sempre, ser o depósito da mercadoría, tamen se encargou de entregala.

É sempre un verdadeiro pracer contar coa colaboración da Comunidade Educativa nas actividade que propoñemos dende o centro.


xoves, 13 de febreiro de 2020

martes, 11 de febreiro de 2020

CONCURSO CHISTIN 2020


Mañá día 12 de febreiro comeza o concurso "Chistín". 

Este ano en vez de chistes, quere PAREADOS CON HUMOR

Lembrade que podedes entregar todos os pareados que queirades, cantos máis mellor.

COMA SEMPRE HABERÁ PREMIOS PARA OS GAÑADORES DE CADA CATEGORÍA.


1ª MODALIDADE: EDUCACIÓN VIAL 

 PRAZO DE ENTREGA: DO 12 AO 17 DE FEBREIRO


sábado, 8 de febreiro de 2020

SEGUIMOS AVANZANDO EN MOBILIDADE SEGURA

O Plan Proxecta de Mobilidade sostible e segura segue avanzando día a día. Proba diso é, que ademais de ter todo o centro convertido nunha pequena cidade, en calquera recuncho podemos ver outros traballos relacionados coa materia.
Estes días, por exemplo, os de infantil sacaron cara fóra unha parte do gran traballo que están a levar a cabo, XA SON UNS EXPERT@S CONDUTOR@S!!!









venres, 7 de febreiro de 2020

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ



O clima non permitiu realizar toda a xornada da Paz nun mesmo día. Polo que nun primeiro momento traballamos na aula coma sempre este tipo de actividades, para despois pasar a celebralas en grupo. O propio día, 30 de xaneiro, comezamos no centro cunha canción e a elaboración dun mural por parte de todo o alumnado. Podedes visitar dita composición no corredor da escola todavía.
Posteriormente tocaba algo de música, cantamos todas e todos, agarrados/as das mans a canción de "Amiguiños todos".
Xa nesta semana, o día 5 de febreiro, levamos a cabo a tradicional andaina solidaria para axudar a recabar alimentos non perecedoiros a favor da cociña económica de Ferrol, axundando así as familias sen recursos da zona. Un pequeno gran de area que pode facer moito por outras persoas. Conseguimos, desta maneira, aportar aproximadamente uns 120 kg de alimentos.
Por outra banda realizamos por primeira vez "Quilómetros de solidaridade", a proposta de Save the Children, para axudar aos "Rohingya", desta maneira o alumnado tiña que buscar patrocinadores que "pagasen" os seus Km percorridos. A cantidade recadada polas modestinas e modestinos supera os 500€ polo que podemos dicir que foi todo un éxito.
A entorna do concello foi o lugar elixido para súar eses metros a favor da xente que máis o precisa. Un día agradable no cal dímolo todo por unha boa causa: a totalidade dos escolares e un bo número de profesorado e membros da comunidade educativa participaron nunha carreira que de seguro repetiremos. O esforzo veuse recompensado polo avituallamiento aportado polo Concello de Moeche, un dos colaboradores que nos axudou co peche do circuito, megafonía e o gran traballo do seu técnico de deportes Daniel, que sempre nos bota unha man.
Queremos tamén agradecer á Garda Civil que estivo presente botando unha man para que todo saíse adiante.

UNHA FERMOSA XORNADA MEDIANTE A CAL CENTRO E FAMILIAS SEGUIMOS FACENDO ESCOLA!!!

FOTOS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS




O vindeiro venres día 14 de febreiro a partir das 11 horas celebraremos no cole a xornada de portas abertas. Será un día perfecto para coñecer o noso traballo, o profesorado, instalacións e por suposto, aos futuros compañeiros e compañeiras. Ademais de resolver calquera dúbida que poidades ter. Contamos con vós!

Xornada de portas abertas

martes, 4 de febreiro de 2020

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

Un ano máis, as modestinas e modestinos fomos participar na carreira de campo a través que organiza XOGADE. Coma sempre, o importante era pasalo ben e facer deporte.
Fixérono todos/as xenial. Deixamos algunha foto para que vexades o deportistas que estamos feitos!!!

FOTOS

CHARLA GARDA CIVIL



Esta mañá tivemos unha visita moi especial: Xose Antonio e César son dous homes que traballan como Garda Civil de Tráfico. Achegáronse á biblioteca do cole para darnos unha serie de consellos sobre prevención de accidentes. Alí puidemos aclarar as nosas dúbidas e aprender moito sobre o tema. Unha vez rematada a sesión teórica non perdimos a oportunidade de subir na moto e o coche que trouxeron, onde ademais nos explicaron o funcionamento dalgún dos aparatos que tiñan.

Seguimos traballando a través do noso Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e segura para garantir unha mellor educación viaria dos nosos/as peques.

Deixamos unha serie de fotografías do evento:

FOTOS