luns, 24 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Un ano máis chegou ao noso cole unha das festas máis significativas: o Entroido. A semana comezaba dura xa que a Meca Abelina non parou de mandarnos levar cousas do máis extravagantes...
Despois de longas xornadas de traballo os disfraces estaban listos para sacalos a relucir polo concello, cantando e rindo chegamos a saudar a todas as veciñas e veciños que quixeron acompañarnos. 
Acabando a dura andaina tocaba repoñer forzas da mellor das maneiras: cunha serie de doces típicos elaborados polas familias, as cales agracemos a súa colaboración.
Era hora de desfilar, primeiro o alumnado coas súas mestras e logo as nais, pais e amig@s que se atreveron a lucir as súas mellores galas. De novo, un enorme agradecemento xa que sen eles/as a festa non sería tan especial. Tod@s estiveron xenial pero levaron mención especial:

- Burro mecánico: disfraz máis enxebre.
- Arca de Noé: disfraz máis orixinal.
- As catro estacións: disfraz máis divertido.

De seguido fomos achegándonos a Abelina para darlle un último adeus coas tradicionais coplas e testamento. Por último, queima da Meca Abelina.

No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos e vídeos do evento. Moitas grazas a todas aquelas persoas que, dunha ou doutra maneira, colaborastedes neste día!

GALERÍA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.