Este ano celebramos o Día de Rosalía con un pouco de anterioridade debido a que o 24 estamos de vacacións de Entroido. Así pois, o pasado mércores tivemos unha xornada completa. Xa con anterioridade traballamos a figura da autora e o seu valor nas aulas para, posteriormente, facer unha posta en común dos diferentes traballos.
En primeiro lugar, desde o ENDL propoñían traballar a Rosalía como unha icona da emigración de galegas e galegos a outros lugares. Desta maneira, o alumnado traballou diferentes poemas da mesma que tiñan que ver coa temática. Crearon diferentes producións que poderemos ver nunha exposición no centro a vindeira semana:
Tamén temos unha serie de vídeos sobre as poesías e cancións traballadas polo alumnado:
Da mesma maneira, a proposta do equipo de biblioteca do centro, realizamos unha versión propia da canción da Rianxeira con pandeiretas e outros instrumentos. Aquí tendes o vídeo:
Para celebrar este día tamén sumamos a colaboración do Concello de Moeche que propuxo a actividade "Caldo de gloria". Para iso, fomos obsequiados cuns manteis con versos de Rosalía que lemos antes de comer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.