xoves, 25 de novembro de 2021

VISITA ALDEBARÁN

Durante o día de hoxe tivemos a gran sorte de poder contar no noso centro con Agustín e Fernando, do Clube de Voleibol de San Sadruniño, o Aldebarán.

Fixeron unhas sesións cos rapaces de 3º a 6º, onde nos ensinaron os diferentes golpeos do balón, colocación e realizaron xogos variados. Pasámolo moi ben e, quen sabe? Quizais haxa algún modestino que poida chegar a ser xogador de Superliga!!!

 










MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA!!!

luns, 22 de novembro de 2021

O CSIC participa na 8ª Campaña de Recollida de Dentes do Rato Pérez no CULTURGAL

 

Bo día

 

A Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia anunica que Cornelio Filiberto, axudante en Galicia do Rato Pérez, estará no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h., recollendo os dentes de leite da rapazada, para llos entregar as científicas e científicos do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana) na 8ª Campaña de Recollida de dentes de leite.

¿Para que os queren? Pois para diversos fines científicos, que van desde o estudio da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicos.

É importante que saibades que a Unidade de Cultura Científica do CSIC da apoio en Galicia a este proxecto de Ciencia Cidadá no que se recollen mostras biolóxicas. É por isto que, antes da entrega dos dentes, é necesario completar un formulario con diversos datos persoais e biolóxicos das nenas e nenos doantes,  e da súa familia (sexo, idade actual e idade cando se lles caeu o dente, tipo de alimentación, etc.). Ademais, nais ou pais deben asinar un consentimento informado sobre o uso que recibirán ditos dentes (asegurase o anonimato e a confidencialidade) polo que é importante que un deles polo menos, este na entrega.

A colección do CENIEH xa recolle a mais de 3.000 pezas dentais grazas a centos de doantes!!!

A rapazada que participe na doazóns terá de agasallo: un cepillo de dentes, unha entrada á Casa Museo do Rato Pérez (en Madrid, non inclúe gastos de desprazamento, aloxamento, etc.), e un diploma do propio Rato Pérez agradecendo a colaboración coa ciencia.   

Adxúntase:

Mensaxe de Cornelio Filiberto para animar ás familias a entregar os dentes de leite:
https://we.tl/t-SWBb8eEYrD

domingo, 21 de novembro de 2021

DÍA DA INFANCIA

O pasado venres asistimos a un pleno infantil no Concello de Moeche. Unha vez máis dámoslles as grazas por convidarnos a participar nesta experiencia. Nesta ocasión só puido asistir un grupo burbulla por motivos de protocolo COVID, pero fixeron unha gran exposición dos traballos realizados por todas as aulas en relación á proposta de UNICEF "La liga por la Tierra".

Deixamos a nova da web do Concello de Moeche, que resume moi ben o vivido nesta experiencia:

WEB CONCELLO

xoves, 18 de novembro de 2021

DÍA DO PEÓN 2021

Polo San Martiño, peóns ao camiño!!! Déixovos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos bailando os nosos peóns!


mércores, 17 de novembro de 2021

EXCURSIÓN PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO



Durante a xornada do martes, o alumnado de 5º e 6º disfrutou da segunda parte do seu proxecto en colaboración co CEIDA que están a levar a cabo en Ciencias da Natureza.

Trala visita do seu persoal ao cole e explicación teórica tocaba comprobar in situ o aprendido. Para iso desprazámonos ao Parque Natural de Corrubedo para ver como debemos actuar dentro dun espazo protexido, coñecer a fauna e flora que habita no lugar, o movemento das dunas e moito máis! Contamos coa axuda de Jorge e Ainoa, quenes compartiron con nós o seu coñecemento e, ademais de ensinarnos moitas especies propias da entorna leváronnos a divisar toda a zona desde o mirador da Pedra da Rá e incluso a facer un roteiro de sendeirismo.

Como nese momento estábamos moi cansos dirixímonos a unha zona habilitada para tomar a comida e xogar un pouco, para despois poder botar unha soneca na viaxe de volta.

Pasámolo xenial e apuntamos a zona para repetir noutra ocasión!

Clicade no enlace para ver algunhas fotografías.

FOTOS

martes, 16 de novembro de 2021

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL

 O pasado venres, día 12 de novembro, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de EP do CEIP de San Ramón achegouse ata o Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos.

Recibimos unha visita guiada onde descubrimos os restos dos baños privados romanos; como funcionaban, cales eran as vestimentas que levaban os bañistas, os deportes que practicaban na palestra antes de desfrutar dos baños temperados, quentes e fríos...

Ademais aprendemos e practicamos algúns dos xogos máis populares. Desfrutamos como auténticos romanos da Antiga Roma!

Pinchade na imaxe para ver as fotos.



luns, 15 de novembro de 2021

OBSERVATORIO METEOROLÓXICO 2021-22


 

Aquí estamos de novo! Un curso máis continuaremos co observatorio meteorolóxico. Estamos desexando seguir recibindo as vosas propostas. Lembrade, trátase de tomar fotografías daqueles fenómenos meteorolóxicos que máis vos chamen a atención e que queirades compartir co resto da comunidade educativa. Pode ser:

- NUBES CON FORMAS INTERESANTES.

- ARCOS DA VELLA, XEADAS, NEVADAS, TRONADAS...

- FENÓMENOS ÚNICOS: eclipses, choiva de estrelas...

- SAÍDAS OU POSTAS DE SOL.

- OU CALQUERA OUTRA COUSA QUE TEÑA QUE VER COA METEOROLOXÍA

Debedes enviar ao seguinte correo electrónico:

meteomoeche@gmail.com

Estará dispoñible durante todo o curso escolar.


GRAZAS!!!


P.D. A foto corresponde a un solpor en Coto Agudo (Álex, 4º de primaria, curso 2020-21)