Bo día
A Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia anunica que Cornelio Filiberto, axudante en Galicia do Rato Pérez, estará no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h., recollendo os dentes de leite
da rapazada, para llos entregar as científicas e científicos do CENIEH
(Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana) na 8ª
Campaña de Recollida de dentes de leite.
¿Para que os queren? Pois para diversos fines científicos, que van desde
o estudio da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicos.
É importante que saibades que a Unidade de Cultura Científica do CSIC da
apoio en Galicia a este proxecto de Ciencia Cidadá no que se recollen
mostras biolóxicas. É por isto que, antes da entrega dos dentes, é
necesario completar un formulario con diversos datos persoais e
biolóxicos das nenas e nenos doantes, e da súa familia (sexo, idade
actual e idade cando se lles caeu o dente, tipo de alimentación, etc.).
Ademais, nais ou pais deben asinar un consentimento informado
sobre o uso que recibirán ditos dentes (asegurase o anonimato e a
confidencialidade) polo que é importante que un deles polo menos, este
na entrega.
A colección do CENIEH xa recolle a mais de 3.000 pezas dentais grazas a centos de doantes!!!
A rapazada que participe na doazóns terá de agasallo: un cepillo de
dentes, unha entrada á Casa Museo do Rato Pérez (en Madrid, non inclúe
gastos de desprazamento, aloxamento, etc.), e un diploma do propio Rato
Pérez agradecendo a colaboración coa ciencia.
Adxúntase:
Mensaxe de Cornelio Filiberto para animar ás familias a entregar os dentes de leite:
https://we.tl/t-SWBb8eEYrD
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.