martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO!



Este curso non puidemos celebrar esta festa tan bonita con toda a comunidade educativa por mor do protocolo COVID. Pero iso non impediu que as nenas e nenos tiveran un día moi especial. 

Durante a semana previa xa se vía vir unha celebración, pois o cole tomou cores escuras, teas de araña e moitas outras cousas arrepiantes, achegábase o Samaín e respírabase no ambiente. Xa chegado o día, sacamos as nosas mellores galas para "asustar" a todo o mundo! Entre pavor e a alegría típica dunha xornada festiva comezamos a decorar cabazas e escoitar música típica destas datas. 



No medio de tanto traballar tivemos que facer un pequeno parón para repoñer forzas cunhas castañas quentiñas e un vasiño de leite que nos deu moita enerxía para poder seguir coas actividades: contos de medo, xogos, bailes, maxia e dous concursazos nosa cales todos demostramos ser uns grandes artistas.


 Entre tanta calidade decorativa de cabazas resultaron destacar un chisquiño máis as de ANTÍA (3 anos), ÉRIC (5 anos), SERGIO (2º primaria), CAROLINA (4º primaria) e LARA (6º primaria). Outro dos misterios era saber cal era a porta que ofrecía máis pavor a todos os seus visitantes, sendo esta a entrada de 3º e 4º!

PARABÉNS PARA TOD@S OS PARTICIPANTES POLO VOSO GRAN TRABALLO!!!

2 comentarios:

  1. Chulísimas cabazas. Noraboa polo voso traballo. Oxalá todo vaia ben e poidades recuperar esa festa de Magosto e Samain!! Moitas apertas!!

    ResponderEliminar
  2. Profe Sonia!!! Alégranos moito que che gustaran as cabazas, teñen moito traballo das e dos peques, xa sabes que son moi currantes/as!!!
    Cando volvamos a ter esa festa sabes que estás convidada a pasarte a comer unha castaña...
    Moitos bicos de todo o alumnado e profesorado do San Ramón!

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.