xoves, 16 de febreiro de 2023

CAMPO A TRAVÉS 2023



Por fin volvemos a xuntarnos con outros coles para facer as carreiras de campo a través que tanto nos gustaban...

Este ano tocaba volver a Cedeira para disfrutar dunha agradable xornada onde competimos con outros nenos/as, pero sobre todo disfrutamos do deporte.

As nenas e nenos fixérono xenial e, como premio, aproveitamos o gran día que fixo na fermosa entorna que nos ofrecía a vila...

Por suposto darlle as grazas ao noso querido Dani, técnico de deportes do Concello de Moeche, que unha vez máis se ofrecía para acompañarnos nesta xornada.

Aquí tedes algunha fotografía:

FOTOS

venres, 10 de febreiro de 2023

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...

MeteoMoeche segue a recibir moitas fotos, GRAZAS! E lembrade que temos reservado un especial sobre a neve de cara a finais de inverno, polo que se ides a vela lembrade enviar foto a "meteomoeche@gmail.com". Polo de agora...


Comezamos vendo como apareceu parque do noso cole totalmente xeado a primeira hora estes días pasados. Foto da profe Yaiza.


Seguimos con teacher Alba que nos ofrece esta pedazo foto na cal podemos ver a lúa chea sobre un ceo rosado en Canido. Velázquez estaría orgulloso desta toma seguro


Curiosas e interesantísimas estas fotos que nos fai chegar Efrén desde As Pontes onde podíamos ver como estaba totalmente xeado nas zonas sombrías e o contrario nas soleadas. Grazas a este alumno de 2º, esperemos que gañaras ese partido!



Estrela, de 5º, quere ofrecernos esta marabillosa vista desde Pardiñas, onde podemos ver un fenómeno típico destas datas: a néboa.



A lúa chea tamén a "cazou" Sergio (3º primaria). Unha foto ben fermosa, por certo


E para rematar con moita tranquilidade, Andrea ofrécenos este "mar en calma" do cal desfrutou na parroquia do Porto, en Meirás.





CHEGA O ENTROIDO!

O Entroido xa chega e no cole comezan a pasar cousiñas... Hoxe apareceu no medio do corredor Andrés, o Meco do revés. Parece, que como xa ven sendo tradicional, imos ter un Meco que nos porá a proba a todo o centro. Vale máis que cumpramos os seus mandatos, pois ten pensado cubrir de fariña a quen non o realice!!!



luns, 6 de febreiro de 2023

CIENCIAS SOCIAIS NO CONCELLO!




O alumnado atópase estudando na área de Ciencias Sociais o tema da poboación. Na aula tentamos coñecer o que era o padrón, censo, rexistro civil... Pero, como xa sabemos, mellor vivilo que contalo. Así que alá fomos ao Concello de Moeche, onde nos recibiron Pilar e Cristina, facendo desta clase diferente unha sesión de aprendizaxe das que quedan na memoria. Aprendemos como funciona hoxe en día o tema dos recontos de poboación, padrón municipal, documentación... e incluso vimos rexistros civís desde 1948 ata os de hoxe en día (por suposto miramos as nosas páxinas).

MOITAS GRAZAS CHICAS!!!


xoves, 2 de febreiro de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 3/2/2023

 Debido a ausencia do cociñeiro o menú do 3 de febreiro verase modificado.

1º prato: Potaxe de verduras

2º prato: bocadillo de xamón serrano

Sobremesa: natillas e froita

Desculpade as molestias.