Con esta instantánea da profe Alba, na Malata, damos comezo ás achegas de febreiro!
Coma sempre, podedes seguir enviando fotos a "meteomoeche@gmail.com"
Con esta instantánea da profe Alba, na Malata, damos comezo ás achegas de febreiro!
Coma sempre, podedes seguir enviando fotos a "meteomoeche@gmail.com"
Este ano, para celebrar o Día da Paz, ademais de traballar a temática en todas as aulas como ven sendo habitual, fixemos unha actividade moi especial. Apareceu no cole unha gran pomba xigante que traia unha bolsa enorme no seu peteiro. Nela metimos un montón de noticias que levamos vendo tempo nos xornais e que non nos gustaron nada de nada. Metímolas alí para que as levara ben lonxe e a partir de agora só veñan boas novas!!!
Da mesma maneira, en colaboración con UNICEF, fixemos uns trols para a a paz. Trátase dunha creación onde as nenas e nenos realizaron un boneco (trol) con diferentes materiais. O obxectivo era transmitir emocións cos mesmos, axudándoos a comprender o que lles sucedía no seu corpo e a saber xestionalo. Así puidemos ver como o alumnado botou unha boa man a estes pequenos seres deixándose levar pola súa creatividade para expresar como se pode identificar a alegría, tristeza, ira, o amor...
Os Reis Magos pasaron polo noso cole e deixaron unha chea de agasallos! 💕
O alumnado abriu todos os paquetes con moita alegría e ilusión en non dubidaron en comezar a xogar ó instante.
Comezamos este 2022 con novas fotografías do voso observatorio preferido! En primeiro lugar temos unha instantánea que nos achega André, tomada desde a súa casa, onde podemos ver un ceo completamente lila!!!
E XA SABEDES, A SEGUIR ENVIANDO FOTOS A meteomoeche@gmail.com!!!
Esta información vai dirixida para o alumnado que este curso está a estudar 6º de educación primaria e desexa para o vindeiro curso reservar praza no centro ao que estamos adscritos(CPI San Sadurniño).
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2022/2023
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación no menú: Solicitudes > Reserva > Crear.
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365.
Aquelas familias que desexen facer a entrega da solicitude na Secretaría ou consultar algunha dúbida, deberán facelo con cita previa.