Como ben sabedes, participamos unha vez máis na campaña solidaria "Un entre cen mil" e recaudamos a cantidade de 413€. A continuación se pinchades no enlace, podedes acceder á carta de agradecemento recibida no centro.
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
luns, 23 de febreiro de 2026
xoves, 19 de febreiro de 2026
O UNIVERSO: INVESTIGAMOS UN POUCO MÁIS...
Na materia de Ciencias Sociais tocou traballar sobre un tema como é o universo. Nesta ocasión propuxemos unha actividade para profundizar un pouco máis. Eliximos tema, investigamos, producimos unha maqueta e un mural e logo tocou contalo!
Existe unha exposición no corredor da entrada onde podedes ver todas as producións!
Aquí vos deixamos as distintas propostas!
ABRIL AS NOVAS: UN XORNAL DOS HISTÓRIC@S 10.0
"Abril as novas" é un pequeno proxecto de Lingua Galega onde a rapazada de 5º e 6º elaborou un xornal que recollía diversas noticias ficticias sobre o noso centro educativo. Desaparición de profesores, segredos misteriosos ou un divertido "xamonazo" son algúns dos sucesos que ocorren neste centro.
Queredes saber máis? Pois podedes ver a versión en papel no corredor de arriba ou ben escoitar as audionovas que vos ofrecen a continuación:
sábado, 14 de febreiro de 2026
TRABALLO SOBRE O ENTROIDO!
Durante as xornadas previas á festa do Entroido, a alumnado estivo a traballar sobre o Entroido galego. Investigación, traballo da información i exposición oral sobre a nosa cultura.
venres, 13 de febreiro de 2026
13 DE FEBREIRO, DÍA MUNDIAL DA RADIO
O portal Escolas nas ondas emite este venres 13 os traballos recibidos para esta xornada de celebración do Día Mundial da Radio, se pinchades aquí poderes escoitar todas as propostas enviadas por diferentes coles, incluída a nosa!
O grupo de 5º e 6º creou un podcast orixinal no que imaxinaron que un grupo de invasores chamados “Larries” atacaban o noso planeta. O único medio de comunicación que aguantou este ataque foi Radio 23… como cres que continuará?
Este é o noso podcast!
xoves, 12 de febreiro de 2026
TORNEO DATCHBALL 2026
Hai uns días que rematou o torneo de Datchball deste curso. O Datchball é un deporte alternativo que causa moito furor no noso centro. Combina lanzamento, axilidade e traballo en equipo. O campionato tivo gran acollida.
Todos os equipos fixeron un gran papel, pero foron "OS SIMIOS" quenes conseguiron facerse co título.
PARABÉNS pola deportividade amosada!
martes, 10 de febreiro de 2026
DÍA DA RADIO 2026
O 13 de febreiro é o Día da Radio, desde a rede de radios escolares propoñían que participaramos neste día ofrecendo un programa no cal déramos lugar a pensar sobre a importancia da radio nas nosas vidas.
O grupo de 5º e 6º creou un podcast orixinal no que imaxinaron que un grupo de invasores chamados "Larries" atacaban o noso planeta. O único medio de comunicación que aguantou este ataque foi Radio 23... como cres que continuará?
luns, 9 de febreiro de 2026
venres, 6 de febreiro de 2026
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA ROUPA E CALZADO 2º TRIMESTRE
Neste 2º trimestre tamén realizaremos unha recollida de roupa e calzado usados en colaboración co Proxecto Global Humanitaria en India.
O prazo será ata o día 5 de marzo.
mércores, 4 de febreiro de 2026
NOVOS PODCASTS NA RADIO 23
A rapazada de 3º e 4º de primaria estivo a traballar na creación duns podcasts para a Radio 23, dentro da materia de Lingua Galega. Para iso, buscaron información, crearon o guión, ensaiárono e foron gravalo á radio do colexio.
Agardamos que vos gusten! Pronto volveremos con máis!


















.jpg)