A pasada semana, o noso alumno André presentou un traballo de Lingua Galega un tanto especial. A actividade consistía nunha entrevista oral á persoa que quixeran. O noso compañeiro moveu fíos e consegueu que tivésemos a oportunidade de ter na Radio 23 a Pepablo Patiño, actor da compañía teatral "Ghazafellos" i escritor.
André, axudado por Álex como técnico de son, preparou unha gran entrevista que queremos compartir con todos/as vós.
Aproveitamos, unha vez máis, para agradecer a Pepablo a súa disposición e os bos momentos que pasamos con el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.