venres, 22 de marzo de 2024

VAI DE CONTOS!

Na clase de 5º e 6º estamos a traballar a creación de contos, tanto en galego como en castelán. Velaquí tedes algunhas probas do mesmo (e chegarán máis):


UN CASO SEN RESOLVER

Autora: Carolina

Gravación i edición: Carolina, Itziar e Lola



MANUEL Y FERNANDO

Autor: Óscar

Edición e gravación: Óscar, Estrela e Candela



ANXO EN EL LABORATORIO

Autor: Héctor

Edición e gravación: Héctor, Oihane, Iván e Nuno



xoves, 21 de marzo de 2024

CLUBE DA COMEDIA

 O grupo de 3º e 4º quixo deleitarnos cunha rolda de chistes, actividade que se enmarca dentro da área de Lingua Castelá.

Pinchade na foto para ver o vídeo.



sábado, 16 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE INSECTOS

 Este venres recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo e entomólogo santiagués.

Gracias ao seu obradoiro puidemos aprender e coñecer máis sobre uns pequenos seres vivos: os insectos.

Quedamos abraiados observando, tocando e collendo, con total seguridade, un bicho pao, dous insectos follas (cunha excepcional camuflaxe), escaravellos, tartarugas, saltóns e milpés xigantes, bolboretas de gran tamaño chuchando o zume dun plátano e ata unha tarántula de pata raiada.

Tamén vimos un escorpión que na escuridade cambia de cor coa luz, caracois xigantes e un cangrexo ermitán que se animou a dar uns pasiños polo chan da biblioteca.

Gracias a este obradoiro, ademais de coñecer estas especies exóticas de África, Madagascar, México..., puidemos vencer os nosos medos e prexuízos e recoñecer a súa importancia nos ecosistemas. 

Desfrutamos moitísimo!

Pinchade na foto para ver o vídeo e no enlace se queredes ver máis fotos deste día.


MÁIS FOTOS


martes, 12 de marzo de 2024

PUNTO LARANXA

 

PUNTO LARANXA NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería vén de publicar o “Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar” así como a actualización do “Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. En relación con isto, da instruccións aos centro educativos para a creación e posta en funcionamento do PUNTO LARANXA tanto físico como virtual.

O punto laranxa é  unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para intentar erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar facilitando así o destape dos acosos.

-       Respecto ao punto laranxa físico do noso centro, estará situado no patio cuberto a carón da porta da biblioteca no lado dereito. Aquí podedes de xeito anónimo meter unha mensaxe no buzón indicando a túa preocupación. Só poderá abrilo a persoa encargada desta tarefa e terá un carácter estrictamente confidencial.

-        O punto laranxa virtual está na páxina web do centro, nun acceso directo no lateral dereito da páxina principal. Ao premer nel, abrirá un pequeno cadro de texto no que podes de xeito anónimo indicar a túa preocupación. Ao igual que o punto físico só poderá ser lido pola persoa encargada e terá igualmente un carácter confidencial.

E   Enlace á páxina web do centro para acceder ao punto laranxa.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanramonmoeche/

 

 


Calquera dúbida ao respecto, podedes poñervos en contacto coa dirección do centro. Agardamos que esta medida sexa usada correctamente para que de bos resultados.

 

luns, 11 de marzo de 2024

8M



Coincidindo coas datas do 11 de febreiro (Día da muller e a nena na Ciencia) e o 8 de marzo (Día da muller) fixemos moitas actividades:

VISITA DE FARRUCA

Unha científica que lles gusta moito ás nenas/os de infantil e que sempre trae un experimento. Nesta ocasión crearon unha especie de plastilina con elementos da nosa vida cotiá.




POLOS CREATIVOS

A través dos Polos Creativos as maiores do centro, tras unha gran pescuda, elaboraron unha actividade onde o resto da rapazada do cole tiñan que coñecer e tratar de adiviñar unha serie de mulleres científicas que destacaron en varios campos.










EXPOSICIÓNS

Na materia de Naturais tamén estivemos traballando duro sobre mulleres científicas, adicándolles unha gran exposición das súas vidas e logros importantes. Ademais, podedes ver diferentes creacións artísticas coas cales podemos xogar.








xoves, 7 de marzo de 2024

Contacontos "Ratoncito Pérez"

 O pasado venres, os nenos de 1º e 2º de Primaria sorprenderon a todo o cole representando un conto sobre o rato Pérez. Non soamente fixeron disfrutar ós nenos e nenas coa divertida historia de cómo este intrépido animaliño comezou a recoller os dentes, senón que nos deixaron a todos abraiados ó saber que tamén foran eles os que fixeran os monicreques e os obxectos que aparecían na obra.

A verdade é que o fixeron xenial! Agardamos que repitan prontiño xa que nos deixaron con ganas de máis.


Se queredes ver a obra completa podedes facelo AQUÍ

NORABOA RAPACES E RAPAZAS!


mércores, 6 de marzo de 2024

UNHA XORNADA MOI ESPECIAL



O alumnado de 6º, na materia de Valores Cívicos e Sociais, propuxo a realización dun pequeno proxecto consistente en concienciar á veciñanza do municipio en torno ao coidado do medio ambiente, aos hábitos de vida saudable e a nosa saúde mental.

Tras solicitar por mail permiso ao Concello de Moeche, fomos realizar un roteiro no cal paramos e pegamos carteis nos supermercados de San Ramón, a correduría de seguros, nave da feira, pavillón polideportivo e edificio consistorial. Queremos dar as grazas Cris, Iria, María, Natalia, Pilar e Bea por permitirnos facelo e axudarnos.




Outro lugar no que solicitamos colgar os carteis foi na Casa Niño e Casa do Maior de Casabranca. Laura e Vanesa recibíronnos cos brazos abertos para que esta xornada se convertese nunha inesquecible para a rapazada de 5º e 6º. Cos máis pequenos tivemos a ocasión de xogar un montón e agora xa somos un pouco máis amiguetes. Sabemos que a Hugo, o máis pequeno da casa, encántalle que o collamos no colo. Con Aitana bailamos, cantamos e corremos, ao igual que con Lucas, que acabou por deitarse enriba dos seus futuros compis de cole. Mariña e Sandra, que ao principio amosaban algo de vergoña, ao final foron quenes nos ensinaron un montón de xoguetes, e un súper truco coas telas da cociniña.












Outra situación moi especial foi compartir parte da mañá coas "chicas" da Casa do Maior. Un intercambio xeracional do cal saímos con moitísimo aprendizaxe. Sorprendeunos a cantidade de manualidades e traballos que fan, incluso temos planificada unha clase de Educación Física nun futuro próximo. Carme contounos como era no pasado traballar para empresas que hoxe en día son grandes multinacionais. Celsa contounos unha chea de refráns e quedamos alucinados/as coa destreza que ten Asun coas mandalas. Por último, Casilda foi a encargada de poñer o baile e canto no asunto, e incluso de lernos un dos seus contos favoritos!!!







SEN DÚBIDA UNHA EXPERIENCIA PARA REPETIR!!!