Gustaríavos saber a que se queren adicar nun futuro algunhas rapazas e rapaces do noso cole?
Escoita o seguinte podcast elaborado por Estela, Efrén, Valeria, Uxío e Sergio.
Esperamos que vos guste!
Gustaríavos saber a que se queren adicar nun futuro algunhas rapazas e rapaces do noso cole?
Escoita o seguinte podcast elaborado por Estela, Efrén, Valeria, Uxío e Sergio.
Esperamos que vos guste!
Queres coñecer a alimentación de grandes deportistas como LeBron James e Messi?
Se é así escoita o podcast realizado por Álvaro, Lía, Adrián, Julia e Abraham.
Esperamos que vos guste!
O alumnado de 3º e 4º de primaria, en grupos de 5, estiveron investigando arredor de diferentes temáticas para posteriormente deseñar e escribir uns guións de radio.
O primeiro deles, formado por Martín, Asier, Teo, Niko e Josué, investigou acerca dos pros e contras de xogar aos videoxogos.
Esperamos que vos guste!
Seguimos con novos programas da nosa Radio 23. Nesta ocasión falamos sobre un deporte que está arrasando nos recreos: o Datchball. Se queredes saber algo máis sobre o noso deporte e coñecer como vai o torneo sobre o mesmo non vos perdades o seguinte podcast...
Debido a un imprevisto o menú do mércores 24 de xaneiro cambiarase polo do vernes, e viceversa.
Desculpade as molestias.
Como premio do concurso PIM PAM EXPERIMENTA! temos a oportunidade de poder ter no espazo unha estrela co nome do noso colexio. Así como o ledes!!!
Deixamos enlace para que o comprobedes:
Por fin!!! Xa temos aquí o episodio gravado no curso anterior de PIM PAM EXPERIMENTA!!!
Aló polo mes de maio do 2023 fomos a Santiago a gravar un programa de televisión chamado PIM PAM EXPERIMENTA. Trata de un concurso de ciencias onde as nenas e nenos deben realizar unha serie de probas relacionadas coa materia. Pasamos unha xornada moi divertida cos amigos/as do CEIP Eladia Mariño de Cabanas.
Se queredes saber como nos foi podedes premer no enlace!
Nutriescolas é o título dun dos proxectos nos que a escola está inmersa este curso. Aproveitando que as nenas e nenos de 5º e 6º están traballando con noticias, decidiron que era boa idea facer un novo podcast na Radio 23 onde deran unha nova co título "Novo proxecto no CEIP SAN RAMÓN".
No mesmo, ademais de explicar en que consiste á perfección, entrevistaron á profe Yaiza, coordinadora deste plan.
Podedes escoitar o audio aquí:
A partir de agora, temos no abalar de centro a posibilidade de que as familias poidan descargar o certificado de matrícula dos seus fill@s.
O procedemento é o seguente:
Ver alumno - Descargar documentos - Certificado de matrícula.
Este certificado unha vez descargado, xa conta coa sinatura dixital e o selo electrónico denominado
" Secretaría Xeral T. da C. Cultura, Educación , FP e Universidades" e ten validez total.
Recibimos no centro o diploma de agradecemento, que facemos extensible a toda a comunidade educativa, de Global Humanitaria e Mariola Solidaria, coas que participamos na campaña de recollida de roupa e calzado usado no 1º trimestre.
Esta semana ademais da superExcursión aos museos da Coruña. As súas Maxestades agasallaron aos nenos e nenas do cole cun regaliño moi especial: uns LAPIS. Pero non uns lápis calquera. Na parte traseira traían unha sementes, polo que despois de usalos poderemos PLANTALOS. A que é xenia!!!
Aquí vos amosamos o momento da entrega do paquete, primeiro xogamos un pouco a intentar adiviñar de que se trataba! E logo abrimos entre todas e todos o paquete descubrindo o que era.
Prazos de presentación de solicitudes (reserva e ordinaria de admisión)
O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado(http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) e o prazo de presentación abranguerá:
a) Solicitudes de reserva(ED550A:) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.(para o alumnado de 6º de EP que desexe reservar praza no CPI San Sadurniño).
b) Solicitudes ordinarias de admisión(ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024
As familias que desexen complementar o anexo I e entregalo no centro, deberán solicitar cita previa para a súa entrega e deberá vir asinado por ambos proxenitores ou presentar o anexo I bis de consentimento.
No caso de cumprimentar a reserva de praza a través da aplicación "admisionalumnado" e formalizar a mesma na Sede Eletrónica con certificado dixital ou Chave 365, non será preciso entregar a solicitude na secretaría do centro, quen poderá recuperala na propia Sede Electrónica.( (https:/ /sede.xunta.gal/portada))
Debido a un imprevisto o segundo prato do día de hoxe verase modificado (espaguetes á boloñesa).
Desculpade as molestias.
Este ano debímonos portar moi ben porque ao chegar ao cole os Reis Magos tiñan para nós unha boa sorpresa: unha pedazo excursión!!!
E non unha calquera, visitamos o Museo das Ciencias, co seu planetario, a Casa do Home (DOMUS) e o Aquarium Finisterrae.
Chegamos moi cansos, pois foi un día de moita aprendizaxe e diversión!!!
O pasado xoves 21 de decembro celebramos e desfrutamos do tradicional festival de nadal.
Ademais de cancións, danzas e obras de teatro, xogamos e tomamos un exquisito chocolate con churros.
Clicade nas fotos para ver en vídeo as diferentes e fantásticas actuacións!
1) Canción infantil "Turrón e mazapán"