martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ 2023



Un ano máis atopámonos no mes de xaneiro celebrando o Día da Paz. Volvemos a facelo este curso como máis nos gusta: con toda a comunidade educativa.

Coma sempre, o traballo comeza nas aulas, onde as nenas e nenos debatiron sobre que era a paz e que íamos a traballar con ela. Saíron moitas ideas que precisábamos contar nalgún lugar. Para iso pedimos axuda ao Concello de Moeche que, coma sempre, puxo da súa man para que celebrásemos esta actividade dun xeito especial: no Castelo!!!

Cara alí nos diriximos unha parte a pé e outra en autobús (posto polo concello). Unha andaina moi agradable e máis curta do que parecía. 



Xa no castelo tocaba sacar a relucir os traballos, que podedes ver neste vídeo:



A continuación cantamos a canción de Migallas "As campás pola Paz!


Para rematar un gran lanzamento de globos (as cometas que tiñamos feitas precisaban un vento que non facía) e unha sesión de xogos, música e baile!!!

Pero non todo acaba aquí, pois esta mañá o alumnado de 1º e 2º sorprendían a todo o cole coas súas chapas de Paz, que fixeron con moito cariño e regalaron a todo o centro. GRAZAS CHICOS/AS!!!





E AQUÍ UN VÍDEO RESUMO DE TODO!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.