Un ano máis atopámonos no mes de xaneiro celebrando o Día da Paz. Volvemos a facelo este curso como máis nos gusta: con toda a comunidade educativa.
Coma sempre, o traballo comeza nas aulas, onde as nenas e nenos debatiron sobre que era a paz e que íamos a traballar con ela. Saíron moitas ideas que precisábamos contar nalgún lugar. Para iso pedimos axuda ao Concello de Moeche que, coma sempre, puxo da súa man para que celebrásemos esta actividade dun xeito especial: no Castelo!!!
Cara alí nos diriximos unha parte a pé e outra en autobús (posto polo concello). Unha andaina moi agradable e máis curta do que parecía.