Hoxe foi un día especial, pois tivemos a visita de Pilar e
Ana , encargadas da área de cultura e igualdade no Concello.
Todas as nenas e nenos do cole fomos ata a biblioteca. Alí falamos
do significado deste día, así como dos lemas tan traballados e orixinais que
escribiron as rapazas e rapaces.
Pilar e Ana fixeron entrega dun diploma e dunha libreta a
todos os alumnos que participaron, un ano máis, no Concurso de Lemas organizado
polo Concello.
Este ano os alumn@s premiados foron os seguintes:
-1º PREMIO: María Rico, que recibiu o libro de “Sainza a
Punkiereteira”
-2º PREMIO: Estrela Calvo, que recibiu o libro de “Pioneiras
2”
-3º PREMIO: Adrián Muíño, que recibiu o libro de “Vivan as
uñas de cores”
Grazas a todos por participar! E grazas Concello de Moeche por esta actividade!
Aquí vos deixamos unhas fotos deste día: